03/05/2010 – 05/05/2010
Maxia con Willy Monroe
📍 Ver cadro
🎟️ De balde
| DIA | HORARIO | LUGAR |
| 3 MAIO | 19.00 | PRAZA PRATERIAS |
| 4 MAIO | 19.00 | PRAZA ROXA |
| 5 MAIO | 13.00 | PRAZA PRATERIAS |
| 5 MAIO | 23.00 | PUB GAROA |
O festival Compostela Máxica programa unha nova actuación deste mago polifacético: especialista en globoflexia e maxia e virtuoso en cartomaxia, maxia de preto e ilusionismo.
Willy Monroe é especialista na arte da escultura con globos, pompas de xabón, papiroflexia, malabares con cartas, quebracabezas, palíndromos e unha chea de rarezas máis. É campión do mundo en actuación con globoflexia.