06/05/2010
'Magia Potagia' con Juan Tamariz
📍 Auditorio de Galicia. Entradas anticipadas no 902 43 44 43 ou na taquilla virtual de Caixa Galicia.
🎟️ 10 euros, con desconto do 50% para estudantes e xubilados
Horario: 20.30
O festival Compostel Máxica conta nesta edición cun dos magos máis famosos do mundo: Juan Tamariz. O madrileño ofrecerá un espectáculo de cartomaxia co seu inconfundible estilo e humor, acompañado da maga colombiana Consuelo Lorgia.
Juan Tamariz ((Madrid, 1942) está considerado o máis importante mago de cartas do mundo. É coñecido pola súa gran creatividade, sentido do humor, versatilidade e imaxinación.
Tamariz actuou en todo o mundo, recibiu importantes premios internacionais e fixo achegas teóricas de gran relevancia ao mundo da maxia. A súa popularidade débese tamén ás súas numerosas aparicións televisivas.