Portal de tu Ciudad Alta

07/05/2010 – 08/05/2010

Monográfico de narración oral con Soledad Felloza

📍 Berrobambán Teatro. Avenida de Lugo, 12 baixo, 15702.Teléfono: 981 573 626 / 658 803 545

🎟️ 60 €. Abono para os tres cursos monográficos de narración oral: 150 €. Oito prazas mínimo, doce prazas máximo

Horario: Venres e sábados de 16.30 a 20.30 h. Sábados de 10 a 14 h.

Soledad Felloza

Primeiro dos cursos monográficos sobre narración oral organizados por Berrobambán Teatro para esta primavera. Impartido pola actriz e narradora uruguaia Soledad Felloza.

Soledad Felloza naceu no Uruguai no 68, e dende ben cativa tivo moito amor polos contos. Comezou a impartir obradoiros de narración en colexios e universidades, a participar en festivais latinoamericanos, e a ser coñecida no Estado Español tamén. Co espectáculo La vida es cuento fixo máis de cen funcións en diferentes
cidades da península, conseguindo que nenos e nenas canten con ela. Co grupo Nuevo Teatro de Uruguay ten levado ás táboas Barranca Abajo de Florencio Sánchez, Combate en el establo de Mauricio Rosencof, pola que obtivo o premio Florencio de actriz revelación no 89, igual que dous anos despois con Los disfraces de Ricardo Prieto.

Ela soa interpretou Del verdadero origen de las comentas de Ana Barrios, El secreto de la arboleda, A María Elena, Monigotes a la hora del té, Celebración del libro I e II, Del Amor y sus delirios, Té cuento, Madre hay una sola, La vida es cuento I e II, Cuentos al pasar, Del amor en los tiempos del colesterol e La garra charrua y otros conflictos uruguayos.