Portal de tu Ciudad Alta

23/12/2019 – 07/01/2020

Campamentos de Nadal

📍 A Coruña

Durante este campamento de Nadal encheremos os nosos días coas cores que iluminan e alegran o noso planeta e que fan del un fermoso arco da vella cheo de enerxía e ledicia. Será un campamento moi colorido e cheo de diversión no que viaxaremos polo fabuloso mundo das cores para ir pintando con elas as diferentes actividades e xogos.
¿A quién va dirigido?:
Nenas e nenos nacidas/os entre 2007 e 2015, agrupados por idades.
Número de prazas por centro: 110 nenas/os, distribuídos en 6 grupos por idades.
Reservarase o 5% das prazas para solicitantes con diversidade funcional en grao que lles permita participar nas actividades motrices co grupo. Non se acometerán tarefas que requiran funcións médicas ou hixiénico-sanitarias.
No caso de que haxa maior demanda deste tipo de prazas, valorarase individualmente a cada unha das solicitudes.

Cuándo:
Desde el 23/12/2019 hasta el 07/01/2020
Inscripciones:
Desde el 02/12/2019
A partir do 2 de decembro, até cubrir as prazas
Na conserxaría do Fórum Metropolitano ou do Ágora; en horario de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 h. É obrigatorio facer a inscrición no centro no que se desexa realizar o campamento.
Admitiranse 3 fichas por persoa; excepto no caso de ser irmáns, no que se recollerán as fichas de todos eles.
Horario:
De 10.00 a 14.00 h.
Haberá unha pausa de 11.45 a 12.00 h, para comer a merenda que cada participante traerá da súa casa.
Coa posibilidade de ampliación horaria para a conciliación familiar:
  • Opción A: 8:30 a 10:00 e de 14:00 a 14:30 h.
  • Opción B: 8:30 a 10:00 h.
  • Opción C: 9:00 a 10:00 h.
  • Opción D: 9:00 a 10:00 e de 14:00 a 14:30 h.
  • Opción E: 14:00 a 14:30 h.

Precio:
Só campamento: 35,00 €