Portal de tu Ciudad Alta

12/05/2010

Concerto de Emir Kusturica & The No Smoking Orchestra

📍 Campus Sur

As Festas da Ascensión arrancan co concerto dunha das bandas máis frenéticas da música balcánica, liderada polo coñecido cineasta Emir Kusturica.

A No Smoking Orchestra foi creada na convulsionada Sarajevo de 1980 por Nelle Karajlic, e hoxe está liderada polo cineasta Emir Kusturica. Pensada como unha agrupación anarco-punk, sen esquecer as súas raíces, mestura ritmos balcánicos, xitanos, centroeuropeos e mesmo árabes, cunha visión jazzística e un espírito rock. Botáronse de novo á estrada nunha xira cun repertorio que revisa temas das bandas sonoras dos filmes de Kusturica, mesmo as composicións realizadas para a readaptación para ópera de The time of the Gypsies, incluídas no seu último disco.