Portal de tu Ciudad Alta

14/05/2010

Concerto de SonDeSeu polas Letras Galegas

📍 Auditorio de Galicia Avda. do Burgo das Nacións

🎟️ 10 euros. Á venda en Servinova, e unha hora antes do concerto no Auditorio de Galicia

Horario: 21:00

'Letras Galegas 2010. Homenaxe a Uxío Novoneyra' é o titulo que leva este concerto, no que a orquestra presentará o seu novo traballo, Barlovento.

SonDeSeu é unha das primeiras orquestras europeas de música folk contemporánea. O seu repertorio consta de temas procedentes da tracición ordal da música popular de Galicia, arranxados especialmente para a formación polos seus compoñentes. As súas seccións abranguen gaitas, percusión, zanfonas, violíns, requintas e frautas de madeira, canto, arpas e corda pulsada.

A formación naceu en 2001 no antigo departamento de Música Tradicional da Escola de Artes e Oficios, hoxe Escola Municipal de Música Folk e Tradicional de Vigo, experiencia singular que persegue a fusión entre formación especializada, práctica escénica e música en comunidade.