Portal de tu Ciudad Alta

14/05/2010

Galiza en Punk: Tiro na Testa, Skarmento e Bulldozers

📍 Sala NASA Cabo Sam Lourenzo 51-53

🎟️ 8 €. Tripulación: 5 €. Por Internet: 8 €

Horario: 21:30

'Galiza en Punk: Caos en Santiago DC' propón dúas noites de punk. A primeira das citas é o venres cos coruñeses Bulldozers e os lalinenses Tiro na Testa e Skarmento.

Tiro na Testa, é un grupo de punk rock formado en Donramiro (Lalín) a mediados dos 90 que presentan o seu esparado novo traballo e a súa nova formación: Josoleo (bateria e voces), Costa (baixo e voces), José (guitarra e voz)? Adrián (guitarra e coros).

Skarmento naceron en Lalin no 2000, despois de concertos pola comarca, Vigo, Santiago, Ourense e Lugo, chegaron a Madrid, Euskadi, Navarra e Mallorca. Despois de máis dun cento de actuacións, incluídos concertos en Francia e Alemaña, seguen dando guerra. As súas influencias están claras: Cock Sparrer, The Clash, Stiff Little Fingers, Social Distortion, Peter and the Test Tube Babies...