Portal de tu Ciudad Alta

04/11/2025

Presentación da novela 'A hora sinalada'

📍 Librería Nobel da Coruña

🎟️ Gratuíto

O próximo martes 4 de novembro, o escritor Rafael Catoira estará na librería Nobel da Coruña para presentar a súa novela "Á hora sinalada", gañadora da III Edición do Premio de Novela Curta “Alén” que convocan o Concello de Ares e a editorial coruñesa Hércules de Ediciones. Durante o acto, o autor estará acompañado pola Concelleira de Cultura do Concello de Ares, Alma Barrón, e pola directora de Hércules de Ediciones, Laura Rodríguez Herrera.

 

DATA: Martes 4 de novembro, 19:00 horas.

LUGAR: Librería Nobel. R/Padre Feijoo, 1. A Coruña