20/05/2010
II Concerto Homenaxe ao Luthier Pablo Seoane
📍 Sala NASA Cabo Sam Lourenzo 51-53
🎟️ 10 €. Adiantada (A Reixa, Discos Gong): 8 €. Por Internet: 8 €
Horario: 21:30
O II Concerto Homenaxe ao Luthier Pablo Seoane xunta tres bandas de indie rock, hardcore e metal: Nothink, Día de Furia e Yidorah
Nothink é unha banda de rock que busca experimentar, xogar coas texturas e os ambientes, creando sempre distintos matices de euforia e melancolía. Os seus sinais de identidade son as guitarras crúas cunha base potente e vibrantes refráns cheos de melodías, que se nutren principalmente do rock dos 90 e dunha actitude punk sobre as táboas. Chegan á Nasa para presentar o seu terceiro disco gravado en Seattle por Matt Bayles (Pearl Jam, Soundgarden…).
Día de Furia é unha banda de rock-core de Cangas do Morrazo cargados de melodías, emoción e algo de mala hostia como o seu propio nome indica. Xúntanse despois de ano e medio de parón para revivir e presentar os temas que os convertiron nunha das bandas máis prometedoras do panorama indie.
Yidorah é un novo proxecto musical que arrinca en marzo do 2009 en Santiago DC. Formado pola fusión de músicos experimentados, procedentes de diversos grupos de metal de distintos puntos do país. Yidorah nace como unha mestura fresca, enérxica e sobre todo moi contundente do metal, thrash e hardcore de nova fornada. Yidorah aposta forte por unha música que non deixa indiferente a ninguén e que pretende deixar a súa pegada no panorama metaleiro.