18/12/2023
Vigo brila con luz propia este Nadal
Milleiros de visitantes enchen as rúas e a ocupación hoteleirá é do 100%
Abel Caballero explicou que a ocupación hoteleira foi case do 100% e que moitos dos que se achegan a Vigo para visitar as luces de Nadal teñen que pernoctar noutras vilas como Pontevedra ou Ourense. Caballero valorou positivamente o bo funcionamento do dispositivo de tráfico para a recepción dos visitantes e certificou os cheos absolutos na hostalería e comercios. Tamén valorou positivamente o retorno social que está a ter o Nadal: "Os visitantes convértense en prescriptores do Nadal", manifestou.
O Nadal de Vigo pódese gozar camiñando, contemplándoa desde o máis alto da nora xigante, en tren turístico... e mesmo navegando. Como? No Barco de Nadal. Un dos moitos atractivos do Nadal de Vigo. Como en edicións anteriores, a navieira Mar de Ons (e tamén Nabia) puxo en marcha o seu tradicional barco do Nadal. A nave, completamente decorada de Nadal, ofrece aos visitantes unha paseo pola ría de Vigo de hora e media. Unha travesía que fará as delicias dos máis pequenos da casa. Viaxarán acompañados de Papá Noel e o Paxe Real. A bordo poderán mesmo atoparse co Grinch. Todo iso, con servizo de bar a bordo e acompañados de música e ambiente do Nadal.
TODA A INFORMACIÓN SOBRE O NADAL: PREME AQUÍ