26/11/2015
Mercado de material reutilizable en María Pita
Do 4 de nadal ao 4 de xaneiro a veciñanza poderá acudir a esta tenda temporal onde non fai falla cartos para adquirir os productos e onde se poden doar os que se queiran, sempre se estean en bo estado
O Concello chama a todos os veciños e veciñas da cidade a colaborar para poder facer posible este Mercado Solidario doando os obxectos que xa non usan ou que, simplemente, xa non queren, para que outras persoas poidan levalo e gozar deles de balde, dándolles un novo uso, ou “segunda vida”.
Todas aquelas persoas que o desexen poden doar os seus obxectos non utilizados, como libros, mobles, vaixelas, xoguetes, adornos, cadros etc..e levar outros que lles interesen, aínda que non é obrigatorio deixar para levar.
Os produtos que se doen deben estar en bo estado, de forma que non requiran reparación algunha, e deben ser de pequeno tamaño, de xeito que poidan ser transportados a man. Ademais, non se recollerá roupa nin calzado.
Ata o 4 de decembro, os produtos que se queiran doar deberán entregarse nas instalacións da Oficina Municipal de Información ao Consumidor do Concello da Coruña, situada na Costa da Palloza 8, en horario de 08.00 horas da mañá á 14.00 da tarde. A partir dese día, as doazóns poderán depositarse na propia tenda do Mercado Solidario, ubicada na Praza de María Pita.