05/02/2016
Entramos de cheo no entroido coruñés
Mañá sábado haberá cortes de tráfico entre a avenida de Navarra e María Pita
O percorrido do desfile tamén afectará ás liñas de bus 3, 3A, 5, 7, 17, 4, 6, 6A e 1.
Para evitar os tapóns nas vías máis afectados polo desfile, a Policía Local recomenda, na medida do posible, evitar o uso do vehículo privado entre as 17.00 e as 21.00 horas ou, en caso de necesidade, tomar itinerarios alternativos polo Paseo Marítimo, tanto pola zona de Riazor e Orzán como polas Ánimas, Pelamios e Adormideras. Ademais, para permitir o paso do desfile, , desde as 14.00 horas
prohibirase o estacionamento na rúa da Torre, desde o cruzamento coa rúa do Traballo, e a costa de
San Agustín e, de igual xeito, impedirase aparcar fronte á praza da Gasolinera, entre as rúas de San
Pedro e Fuente Álamo, para habilitar un carril de circulación. Igualmente, desde as 08.00 horas do
mesmo sábado, liberarase o aparcamento da Torre, onde terá lugar a concentración de carrozas e participantes.