21/07/2016
As Festas de María Pita xa teñen o seu cartel completo
Empezarán o 1 de agosto e a programación extenderase por varios barrios da cidade
A lectura precederá ao concerto de Carlinhos Brown, quen inaugurará As noites de María Pita, sesións nas que participarán artistas como Loquillo (xoves 11), Nouvelle Vague (venres 12), Carlos Baute (Sábado 13) ou Ute Lemper (domingo 14). Tamén actuarán a Orquestra Galega de Jazz, o alumnado da Escola Municipal de Música, a Banda Municipal ou a Sinfónica de Galicia, que o sábado 20 estará acompañada da artista nórdica Ane Brun.
As festas nos barrios terán, como avanzou o responsable municipal, os seus propios carteis e "serán plurais". Comezarán o día 13 de agosto en Oza - Gaiteira e Os Castros (13, 14, e 15), para continuar no Castrillón - Urbanización Soto (17, 18 e 19), Monelos - Fonte das Paxariñas (19), o barrio das Flores (19 e 20) e Sagrada Familia - Paternidade (20). O parque de Eirís acollerá a tradicional Festa da Fresa do barrio o día 23, mentres que as celebracións en Pedralonga serán o día 27 e no barrio de Novo Mesoiro o 26, 27 e 28 de agosto.
O titular da área de Culturas avanzou tamén que as Festas de María Pita 2016 terán este ano unha programación infantil específica "e máis diversa", a través da celebración da primeira edición do Parque das Utopías, un programa "transversal, máis aló do mero espectáculo", segundo Sande, "con contidos medioambientais, de xénero e social", que se desenvolverá do 2 ao 13 de agosto; e do Festival Noroeste Estrella Galicia, que o domingo 7 centrará a súa programación no público familiar. As artes escénicas terán especial protagonismo neste bloque, cos espectáculos pequeno formato de FamiliRúa, que se desenvolverá en distintas datas entre os días 9 e 28 por diversos barrios da cidade como Castrillón, Pedralonga, Palavea ou Mariñeiros; e o Festival Manicómicos, que terá lugar entre os días 11 e 14 de agosto.
Como noutras edicións, tamén haberá cita editorial coa Feira do Libro (1 ao 10), "a mellor e máis exitosa de Galicia", destacou Sande, Viñetas desde o Atlántico (8 ao 14 de agosto), e a Feira do Libro Antigo (14 ao 29); así como as habituais cita coas artes plásticas na Feira de artesanía (1 ao 14) ou os produtos locais en Made in Galicia (15 ao 28); a música a través do Festival de Habaneras (3 ao 8) e o Festival de Arraigo (do 2 ao 21); a danza co Festival Internacional de Folclore (3 ao 7); e a fotografía con Visions (19 ao 21 de agosto).
Por último, o deporte tamén estará presente nas Festas de María Pita 2016 a través da celebración do LXXXI Trofeo Teresa Herrera de Fútbol (9 de agosto) e do XXXI Trofeo Teresa Herrera Traíñas da Coruña, ademais da regata de grandes veleiros The Tall Ships Races, que recalará no porto coruñés do 11 ao 14 de agosto.
Programa das festas. Clicar aquí