07/03/2017
A Coruña celebra "ao grande" o Día Internacional das Mulleres
Ademáis de ser día festivo haberá inauguración de novas prazas, actividades lúdicas e culturais e entrada a Museos Científicos gratuítos, entre outros
Oito de marzo e Elvira Bao Maceiras. Desde esta mesma localización, ás 11.30 horas, partirá o
roteiro Traficando con peixe e cigarros: mulleres, traballos e saberes da cidade , no que se fará un percorrido pola historia dos distintos colectivos de mulleres que mudaron a realidade coruñesa.
Mentres que na nova praza falarase das mestras, parteiras, enfermeiras e farmacéuticas, na rúa Gateira abordarase o papel das mulleres que rexentaban negocios, como as tendeiras,
taberneiras, panadeiras, forneiras e ferreiras. O camiño continuará polo Parque Europa e a rúa
Río Monelos, na que se porá sobre a mesa o papel das lavandeiras e mulleres de servizo. Ao
chegar á praza da Palloza, cobrarán protagonismo as pescantinas e redeiras e, finalmente, na
praza da Fábrica de Tabacos, abordarase o papel das cigarreiras e sindicalistas na historia da
cidade.
As 13.30 horas, o grupo de folk Habelas Hainas ofrecerá unha foliada que se pechará ás 14.30 horas cunha concentración de moteras.
A celebración da festividade do 8 de marzo estenderase a outros espazos da cidade. Así, os
Museos Científicos Coruñeses terán unha xornada de portas abertas nos tres recintos municipais.
Ao longo de todo o mes de marzo, e baixo o lema Mulleres que transforman realidades , o
Goberno local organiza actividades conmemorativas nas bibliotecas e centros cívicos municipais, dirixidas a públicos de todas as idades, que teñen como finalidade facer visible que os dereitos das mulleres forman parte da historia inacabada e incompleta dos dereitos humanos.