08/04/2017
A mellor gastronomía da Coruña en Bo en Boca, ata o 17 de abril
Estas xornadas tratan de impulsar a hostalería local
"O obxectivo de Bo en boca non é outro que subliñar e poñer en valor a cociña coruñesa como un factor de atracción de visitantes á nosa cidade", sinalou o edil, "en particular para todas aquelas persoas que, na Semana Santa, buscan outro tipo de experiencias". O responsable municipal valorou positivamente os resultados da pasada edición da iniciativa, que cualificou como "bos", unha campaña na que se despacharon máis de 1.000 menús especiais, tanto á veciñanza como ás e aos visitantes, durante a celebración destas xornadas, "que sitúan tamén ás cociñas dos hoteis da cidade, e dos seus restaurantes, como un dos atractivos da oferta gastronómica local". "Esta iniciativa non só pon en valor e a excelencia da cociña coruñesa, e das e dos seus profesionais, senón que fai fincapé na que se practica nos hoteis da cidade, o que achega unha nova perspectiva dos mesmos á cidadanía", aseverou.
En Bo en Boca participarán os restaurantes de oito hoteis da cidade --AC, Attica 21, Carrís Hoteles, Hesperia Finisterre, Meliá María Pita (Restaurante Trueiro), Hotel Zenit (Restaurante La Marola), Ibis Style (Restaurante La Fragata) e Hesperia (Gastroteca)--, todos eles vinculados a Hospeco. Os menús, que terán como base elementos da cociña tradicional árabe, xudía e cristiá, irán desde os 12 até os 42 euros e serviranse tanto en horario de comida como nas ceas.