22/05/2017
Lavado de cara ao Parque de Bens
Dividírase en dúas grandes áreas para convinar a diverside paisaxística cos usos da mesma
O proxecto nace como resultado do traballo conxunto das dúas áreas a través do proceso participativo levado a cabo no mes de setembro, no que se creou, a través de visitas ao parque, mesas redondas e xuntanzas "un espazo de participación aberto á veciñanza, en particular ás persoas usuarias e entidades vinculadas ao parque para repensar os usos dun dos enclaves verdes da cidade", expuxo Delso, quen lembrou que esta iniciativa tamén contou coa participación das nenas e nenos usuarios da Biblioteca Municipal dos Rosales, "na vontade de incorporar a súa mirada neste deseño compartido".
"Este proceso constituíu unha oportunidade para promover a participación e a corresponsabilidade da cidadanía na configuración e conservación do parque, axudando a entender cales son os usos actuais, así como os desexados por todas as persoas usuarias, de cara a acadar un modelo de convivencia", sinalou Delso, quen salientou que este espazo "foi un dos máis reclamados pola veciñanza nos Orzamentos Participativos do ano pasado, e o proxecto que hoxe presentamos inclúe dúas propostas de investimento aprobadas o ano pasado, e que avogan pola creación dunha zona canina e a instalación de bebedoiros para os animais".
Pola súa banda, a concelleira de Medio Ambiente salientou que o proceso e a súa plasmación concreta "pon en valor o parque de Bens e diversifica os seus usos, que tamén ordena. Entre as actividades que se realizan neste espazo máis destacadas pola cidadanía e recollidas durante o proceso, inclúense as deportivas, así como os usos vinculados ao público infantil e o de persoas usuarias con cans.