29/05/2017
Nocturnia, un programa para que os mozos disfruten sanamente das fins de semana
Está dirixido a persoas entre os 12 e 30 anos con actividades de ocio gratuitas
PARA PARTICIPAR EN NOCTURNIA...
Mira as que sexan para a túa idade. Lembra que son para persoas de 12 a 30 anos, aínda que algunhas poden concretar máis as idades dentro de cada tramo.
2. Mira as datas, os lugares e as horas nas que teñen lugar. Fíxate tamén no número de sesións.
3. Se xa sabes a cales ir, inscríbete nos prazos axeitados e mira toda a información do programa en coruna.gal/cmix e en coruna.gal/participacion.
OLLO, que hai novidades! As inscricións ábrense os luns ás 16.00 h e péchanse os xoves ás 12.00 h, ou ata esgotar as prazas.
4. Ah! Se as actividades son de continuidade, só tes que inscribirte unha vez.
5. Segues con dúbidas? Consúltanos calquera cousa que precises a través do correo electrónico nocturniacoruna@gmail.com
IMPORTANTE: Non esquezas traer o teu DNI ás distintas actividades nas que te inscribises.
Todas aquelas inscricións que non leven os datos correctamente cumprimentados serán dados de baixa nas actividades e notificado á persoa en cuestión a través de correo electrónico no caso de que sexa posible.
Se es menor de idade, lembra que tes que traer impresa a autorización materna ou paterna ( descargar aquí ), ademais da copia do DNI da persoa que autoriza.
Inscrición nas actividades desde o 29/05/2017 ás 16.00 h. ata o 01/06/2017 ás 12.00 h., ou ata esgotar as prazas.
Actividades do 2 e 3 de xuño:
ACTÍVATE AO TEU RITMO
Nocturioga
- Venres, 2 de xuño de 2017.
- De 22.00 a 23.00 h.
- Centro Ágora.
- Sábado, 3 de xuño de 2017.
- De 11.30 a 13.30 h.
- Praia de Oza.
- Sábado, 3 de xuño de 2017.
- De 21.00 a 00.00 h.
- Palacio dos Deportes de Riazor.
Taller de maxia
- Venres, 2 de xuño de 2017.
- De 21.00 a 23.00 h.
- Centro Ágora.
Deseño e tinguidura de camisetas
- Venres, 2 de xuño de 2017.
- De 21.00 a 23.00 h.
- Centro Ágora.
- Venres, 2 de xuño de 2017.
- De 21.00 a 23.30 h.
- Centro Ágora.