20/07/2017
Festas de María Pita 2017
Destacan actividades de gran tradición como a Feira do Libro, o Festival Noroeste Estrella Galicia ou Viñetas desde o Atlántico, que celebra os seus 20 anos
- O martes 1 de agosto, ás 21.15 horas na Praza de María Pita, pregón do deportista Fernando Romay.
- O martes, 1 de agosto, até o domingo 27, Viñetas desde o Atlántico.
- Programación especialmente dedicada ao público infantil con Obradoiros Ambientais Coruña Viva, desenvolvidos en colaboración coa Concellería de Medio Ambiente e O Xardín dos Libros, como reforzo específico á Feira do Libro. Tamén o Festival Manicómicos; o FamiliRúa, que pretende apoiar a descentralización e afortalar a programación nos barrios; a Romaría do Festival Noroeste e a Festa das Utopías, que percorrerá a cidade para rematar cun gran acto no Parrote no que estará o clown Leo Bassi.
- Festival Noroeste Estrella Galicia, que celebra a súa edición número 31 entre o 8 e o 13 de agosto e que contará coa celebración de máis de 100 bandas e artistas (sendo máis do 50% do cartel de orixe galega) que actuarán en 15 espazos distintos da cidade.
- Festas dos Barrios; que se celebrarán o 14 e 15 de agosto en Oza-Gaiteira-Os Castros; o 16, 17 e 18 de gosto no Castrillón-Urbanización Soto; o 19 de agosto en Pedralonga e Sagrada Familia; o 22 de agosto en Eirís, coincidindo coa Festa da Fresa, e o 25, 26 e 27 de agosto en Novo Mesoiro.
- Romaría de Santa Margarita, que pechará as festas o domingo 27 de agosto coa actuación de grupos tradicionais e especialmente simbólicos como son Luar na Lubre e Xacarandaina, ademais da Banda Municipal de Música e o grupo emerxente Samarúas
- Festival de Habaneras e o de Arraigo,
- A Banda Municipal de Música actuará en distintos escenarios da cidade, incluíndose tamén a Praza de María.
- O tradicional concerto da Orquestra Sinfónica de Galicia terá lugar, tamén en María Pita, o sábado 19 de agosto, mentres que entre as novidades desta edición tamén destaca a actuación da Orquestra de Cámara Galega, quen renderá homenaxe ao compositor coruñés Rogelio Groba.
- O 14 de agosto terá lugar a tradicional Batalla Naval. As zonas de disparo pirotécnico serán as Esclavas e a Finca dos Mariño.
- LXXII Trofeo Teresa Herrera, incluíndo a cada vez máis presente modalidade feminina, e o Campionato do mundo de vela na modalidade Snipe.
Máis información: aquí