31/08/2017
En setembro comeza un plan para revitalizar o mercado de San Agustín
Contempla tres fases e prevese que esté rematado no prazo dun mes
A proposta, da que deron conta os concelleiros de Rexeneración Urbana, Xiao Varela, Emprego e Economía Social, Alberto Lema, e Mobilidade Sostible, Daniel Díaz Grandío, pasa por unha intervención que, como salienta o responsable de Rexeneración Urbana.
A segunda fase do plan de actuacións para a revitalización de San Agustín supón a reurbanización do frontal do mercado, un proxecto no que a Concellería de Rexeneración Urbana xa está a traballar e que contempla a plataforma única para este espazo, para darlle continuidade coa praza do Humor, unha intervención prevista para a segunda metade do ano 2018.
Do mesmo xeito, o concelleiro recorda que, xunto cos proxectos de urbanización da contorna do mercado, o Concello xa ten en marcha outras accións encamiñadas igualmente á dinamización de San Agustín, como é o proxecto para levar ao primeiro andar e a entreplanta do mercado dous mercadillos mensuais -xa en licitación-, para complementar a súa oferta habitual e contribuír a dinamizar a súa actividade comercial, como tamén se fai a través da celebración periódica de eventos gastronómicos -tales como o Boucatise, o Festival do Bocata Gourmet, o mercado de produtos de proximidade Labrega Natura ou as xornadas Lacónicas, de exaltación do lacón con grelos- e outros como o Mercado das Nubes.