23/09/2017
Outono de música, teatro e concertos para os cativos
O Centro Ágora, a sala Gurugú e o Forum Metropolitano apostan por potenciar o lecer dos máis pequenos
A función de intención poética Acouga, que recrea personaxes da mitoloxía galega para nenos de 1 a 3 anos, é outro dos espectáculos destacados por Méndez para o centro Ágora, no que tamén se levarán atención os bebés.
O seu ciclo Bebescena, que comezaba o domingo pasado, continuará ata decembro con propostas como Loo, premio Feten ao Espectáculo para a Primeira Infancia (15 de outubro) e Esferic, de Aboon Teatre (26 de novembro). A súa vertente didáctica a compartirán obras como Ela, a función de Caramuxo Teatro, que se presentará por primeira vez o 6 de outubro no Fórum Metropolitano, e que abrirá o ciclo Todo Público cunha historia baseada no universo creativo de Maruxa Mallo. Á pintora seguiralle outra estrea, a de Aguratrar, a adaptación dun libro de Roald Dalhl levada a cabo por Victoria Pérez e Manu Ferández.
A oferta do Teatro do Andamio incluirá maxia, teatro para bebés, monicreques e clowns, e na que destacarán as historias tradicionais. Son as seguintes: Hansel y Gretel (28 e 29 de outubro), Caperucita Roja y otros lobos (4 e 5 de novembro) e El Patito Feo (9 y 10 de decembro).
Tamén en outubro comezarán as actividades de Gurugú. A sala infantil abrirá o día 7 cun Festival de Títeres, que dará paso a partir do 29 á programación habitual, que quere ter como eixo, en palabras do seu responsable Carlos Clemente, "a labor social e o barrio". Desde entón e ata as festas de Nadal, pasarán polo edificio Magín Blanco, Trinketrinke teatro e Golfiños, acompañados por un amplo programa para bebés en forma de teatro e contacontos.