01/12/2017
Un festival para celebrar a Cultura Accesible
Este domingo haberá numerosas actividades lúdicas, abertas á cidadanía e sen barreiras
De seguido, contra as 18.00 horas, presentarase a montaxe ensaiada estes días nos obradoiros de La Quinta del Arte; ás 18.30 horas, o obradoiro Un museo en movemento, da Asociación de Amigos do Museo de Belas Artes e, ás 19.00 horas, o espectáculo en lingua de signos e oral Unhas gafas como as do avó, de Caxoto.
Finalmente, ás 20.00 horas, Guadi Galego pechará a programación cun concerto do seu disco O mundo está parado no auditorio. As entradas para esta actuación --que son gratuítas-- xa se poden recoller a través da páxina web www.ticketea.com.
A última parada do FESTI= terá lugar o 14 de decembro, cando La Quinta del Arte estree a montaxe La gran boda no teatro Rosalía de Castro ás 18:30 horas. A programación completa e dossier do festival pódese consultar no web municipal www.coruna.gal/igualdade/festigual