05/01/2018
A Cabalgata de Reis empeza ás 17.30 horas
Sairá dende a praza de Pablo Iglesias para chegar ata María Pita
Para os vehículos que, durante esas horas, teñan que desprazarse cara á Monte Alto e a Cidade Vella, habilitarase a circulación en dobre sentido pola avenida de Linares Rivas, para conectar a avenida do Porto con Alfonso Molina. Para o caso dos coches que queiran acceder á Pescaría e o Ensanche, os servizos municipais recomendan facelo a través de Alfonso Molina, Federico Tapia, praza de Pontevedra e San Andrés, e realizar a saída desde esta zona por Juan Flórez. En canto ao tráfico da Estación de Ferrocarril, Os Mallos, Sagrada Familia e o Orzán, os vehículos poderán empregar a avenida de Alfonso Molina, a rolda de Outeiro e a avenida de Arteixo, mentres que aqueles que se despracen cara á segunda fase de Elviña, o Orzán, Riazor ou Os Rosales poderán empregar o túnel de Eirís, a avenida de San Cristóbal, a glorieta de Lonzas e a Terceira Rolda.