20/03/2018
Semana de celebración co Día da Auga, os Días dos Boques e a Hora do Planeta
Os días 21, 22 e 24 marzo haberá unha chea de actividades na Coruña
Ao día seguinte, 22 de marzo, celebrarase o Día da Auga cunha serie de actividades no centro cívico de Novo Mesoiro destinadas ao público familiar en xeral que conte con nenos e nenas de entre 6 e 10 anos. Neste caso, o horario será de 16.30 a 19.30 horas, non sendo obrigatorio participar en todas as accións. En concreto, está prevista a elaboración dun mural sobre a ruta da auga na cidade (dende o encoro de Cecebre até os hogares dos e das coruñesas); a construcción dunha mini potabilizadora de auga, e o xogo colaborativo De Gota a Gota , que ten como obxectivo promover as boas prácticas no uso da auga.
Por último, o vindeiro sábado, 24 de marzo, a Praza de María Pita acollerá á celebración da Hora do Planeta, tamén con actividades destinadas a todos os públicos en horario de 18.00 a 22.00 horas. Entre as accións previstas está a de formar unha imaxe con candeas. Un conxunto das mesmas formarán os díxitos 60+ e un planeta Terra ao pé do Pazo de María Pita. Este é o símbolo elixido por Adena WWF para representar en todo o mundo esta hora de reflexión acerca do cambio climático. Esa mesma xornada colocarase na fachada de María Pita unha faixa coa imaxe desta celebración.
Durante o sábado tamén haberá actividades de animación para o público infantil como a decoración de murais alusivos á protección ambiental, así como unha actuación musical que amenizará ao público que participe nas mesmas. Posteriormente, entre as 20.30 e as 21.30 horas está previsto o apagado das luces da praza e o acceso das candeas do mosaico.