14/05/2018
A Coruña acolle, neste mes de maio, dez congresos con centos de persoas
Un dos máis numerosos é o de Reumatoloxía cunha afluencia de 1.500 congresistas
Nas últimas semanas, os recintos congresuais da cidade xa albergaron o XVII Congreso Nacional de Lupus –celebrado o 4 e 5 deste mes, con 350 participantes– e o VIII Congreso Nacional de Equipos Terapia Intravenosa, entre os días 9 e 11, con outros 300 profesionais asistentes.
Para o vindeiro ano aínda se está a traballar na programación e peche de diferentes eventos de índole profesional, pero as previsións son aínda máis optimistas, cunha estimación inicial dunhas 5.000 persoas.
Entre as citas, sucederanse as Xornadas de Aprendizaxe e Ensinanza das Matemáticas, o Congreso da EUPSICO e os congresos estatais tanto da Sociedade Española de de Nefroloxía como da Sociedade Española de Enfermería en Nefroloxía. Estes datos, sinala o concelleiro, “garanten o posicionamento da cidade como destino non exclusivamente turístico, senón tamén en ámbitos profesionais e especializados”.
Esta é unha área na que tanto a Concellaría de Emprego e Economía Social e o Consorcio de Turismo e Congresos, en colaboración con Palexco, EXPOCoruña e Hospeco, están a facer especial fincapé. Con esta misión, Turismo da Coruña participará a finais deste ano 2018 en tres eventos de categoría internacional para presentar directamente a cidade como destino a empresas e organizadores de congresos, convencións, incentivos e eventos. Así, a cidade estará presente na Feira IMEX 2018 Worldwide exhibition for incentive travel, meetings and events de Frankfurt neste mes de maio, no Workshop Iberian Mice Forum de Porto en outubro, e na Feira EIBTM The Global Meetings & Events Exhibition de Barcelona en novembro.