31/05/2018
Macro evento gastronómico en A Coruña
O Festival SAL, entre o 15 e 17 de xuño, contará coa presenza de 12 estrellas Michelin
O programa deste novo festival, que se celebrará cada dous anos, reserva un espazo para a oferta gastronómica cunha vintena food trucks e restaurantes da cidade que achegarán propostas variadas e un escenario para preto de 20 demostracións de cociña a cargo de figuras de primeiro nivel do Estado e Portugal, entre os que se atopan 12 responsables de restaurantes galardoados con Estrella Michelin. Son os coruñeses Iván Domínguez e Luis Veira, os portugueses Henrique Sá Pessoa e Alexandre Silva, os asturianos Ricardo Sotres, Marcos Morán e Jaime Uz, o onubense Xanty Elías, o canario Carlos Villar e os galegos Javier Olleros, Caco Agrasar e Pepe Solla.
O público poderá tamén asistir as 25 charlas e obradoiros relacionados con produtos de proximidade -algas e mariscos, conservas vexetais, queixos, panes, viños ou marmeladas, entre outros-, degustar as creacións de produtores e produtoras galegas no espazo Mercado da Colleita, impulsado por Hijos de Rivera, e catar viños de todas as denominacións de orixe galega no espazo que estará dedicado a este produto.
O evento complementarase con música en directo, da man de Hijos de Rivera, na que participarán "bandas de culto de jazz" e que se anunciarán en breve, como indicou o responsable de Trade Marketing da empresa, Manel Piñón, quen avanzou que estará a artista coruñesa María Toro.
O evento contará cun espazo infantil para os nenos e as nenas, no que ademais dunha ludoteca con xogos e actividades creativas haberá talleres de cociña. O acceso será gratuíto, como para todas as actividades do festival, pero será necesaria a inscrición previa, xa que cada un dos talleres, que están dirixidos a nenos e a nenas de entre 5 e 10 anos, está limitado a 15 prazas. O prazo para anotarse abrirase o próximo 7 de xuño na páxina www.festivalsal.es. Toda a información sobre a programación e os horarios está dispoñible na webwww.festivalsal.es