25/06/2018
Nova carreira popular o 1 de xullo na Coruña
A XI Baixada de Cross San Pedro de Visma combina asfalto e terra terá a súa saída do RIBS Padre Rubinos, como homenaxe á entidade polo seu centenario
A carreira absoluta comezará contra ás 10.30 horas. As e os participantes percorrerán un circuíto de 6.725 metros, aproximadamente, que sairá do aparcadoiro do Parque Adolfo Suárez, no lateral de Padre Rubinos --para render homenaxe á entidade--, e que contará cunha meta situada no cruzamento das rúas San Pedro de Visma con Aguillón. Durante a proba, as e os atletas transitarán pola ronda de Outeiro, estrada dos Fortes e parque de Bens. A partires das 11.35 horas --o peche da absoluta será ás 11.25 horas-- terán lugar as probas das categorías inferiores --xuvenil, cadete, infantil, alevín, benxamín e prebenxamín--, cuxa saída e meta situarase tamén na rúa San Pedro de Visma. Finalmente, contra ás 13.00 horas, terá lugar a entrega de premios
Os dorsais poderanse recoller no centro cívico San Pedro de Visma. Como é habitual no Circuíto Coruña Corre, poderanse recoller ao longo da xornada anterior --o sábado 30, entre as 11.00 e as 20.30 horas-- e o propio día da celebración, até unha hora antes do inicio de cada carreira. O servizo de gardarroupa tamén estará dispoñible no centro cívico, entre as 09.30 e as 13.00 horas, mentres que o servizo de duchas, habilitado de 11.00 a 14.00 horas, situarase nos recentemente inaugurados campos de fútbol municipais.