13/08/2018
Batalla Naval, a partires das 23.00 horas
Ten unha duración duns 25 minutos nos que se empregarán 840 kg de elementos pirotécnicos
Así, desde o pasado venres, o goberno local está a trasladar á veciñanza ás restricións ao tránsito tanto peonil como rodado que se producirán durante a celebración do espectáculo na noite de mañá, e que afectará principalmente a un espazo delimitado entre as rúas Matadoiro (en particular entre os números 68-78), Cantábrico e Santa Teresa (ambas as dúas, dende Matadoiro até Adelaida Muro), así como Adelaida Muro (desde Cantábrico até Santa Teresa). O perímetro no que restrinxirá o uso do espazo público vén delimitado pola instrución da Subdelegación do Goberno, polo que non se poderá transitar nas inmediacións destas vivendas durante os 25 minutos de duración do espectáculo.
Ademais, as restricións tamén afectarán aos locais de hostalería situados nesta zona, que non poderán ter obxectos no exterior durante, como mínimo, dúas horas antes do inicio do disparo (21.00) até unha hora despois de rematar o mesmo (00.30).
Xunto á comunicación das instrucións da Subdelegación do Goberno, o Concello está a remitir á veciñanza da zona afectada polas restricións unha carta con indicacións preventivas vinculadas á celebración de espectáculos pirotécnicos, coa finalidade que a cidadanía poida gozar, da maneira segura, da Batalla Naval. Deste xeito, os servizos de seguridade municipais recomendan evitar deixar roupa colgada ou obxectivos cara ao exterior, para evitar posibles combustións de restos do material pirotécnico, así como non achegarse ás xanelas para ver o espectáculo, posto que as ondas sonoras poden provocar a rotura de cristais.