27/11/2018
Baixo o mesmo paraugas, para reivindicar unha sociedade plural e diversa
Neste acto participarán, ademáis, 500 escolares da cidade e comarca e a cidadanía en xeral
A edil de Igualdade e Diversidade agradeceu o impulso e o traballo das organizacións, en especial de Aspace, que iniciou en 2016 unha celebración que "suma cada ano a máis asociacións nesta reivindicación e que se vai estendendo a outras cidades de Galicia".
A responsable municipal de Igualdade e Diversidade salientou a boa acollida que está a ter un acto público que crece cada ano e animou á cidadanía a tomar parte desta 'paraguada' na que está prevista que participen máis de 500 escolares da Coruña e da área metropolitana o vindeiro día 3. Un feito resaltou a directora xerente de Aspace Coruña, Sonia Ruíz, xa que, dixo "las aulas son grandes aliadas porque la inclusión debe trabajarse desde la infancia para lograr el cambio social que queremos".
O acto previsto na praza de María Pita para o Día Internacional da Diversidade Funcional e Sensorial consiste nun acto con paraugas abertos "para dar visibilidad al movimiento asociativo y demostrar como una sociedad plural y diversa nos acoge a todos por igual", no que tamén se dará lectura a un manifesto e aos desexos e peticións que teñen as 47 asociacións que participan na súa organización.
As entidades implicadas son: ACEM, ADACECO, AFACO, AIND, APEM, Artefíos, Asociación Pascual Veiga, ASPABER, ASPACE CORUÑA, ASPADISOL, ASPAMITE, ASPANAES CORUÑA, ASPANAES SANTIAGO, ASPAYM GALICIA, ASPERGA, ASPESOR, ASPRONAGA, DISMACOR, DOWN COMPOSTELA, DOWN CORUÑA, FEAFES, FEGADACE, FEGEREC, Fundación ADCOR, GRUMICO, ONCE, PAI MENNI, Parkinson Galicia, PREDIF, Red Española FM, SFC, SQM, SARELA e a Unidade de Parapléxicos na provincia da Coruña e ACCESCA, ALENTO, AMENCER, AMIZADE, APAMP, Asociación Juan María, Asociación San Rafael, Asociación Juan XXIII, Asociación Viguesa de Esclerosis Múltiple, ASPANAEX, EVD Galicia, Federación ASPACE Galicia, Fundación Aldaba, Fundación Menela e San Xerome Emiliani na de Pontevedra.