14/12/2018
Este domingo, carreira popular polas rúas da Coruña
Os dorsais poderanse recoller no polideportivo do barrio o sábado 15 de decembro, de 11.00 a 20.30 horas, así como o domingo 16 desde as 09.00 e ata media hora antes do inicio de cada carreira.
O peche de control terá lugar ás 11.30 horas e, unha vez realizado este, comezarán as probas das diversas categorías inferiores. En canto rematen, contra ás 13.00 horas, terá lugar a entrega de premios. Como é habitual en todas as probas do circuíto municipal Coruña Corre, as e os participantes disporán de servizo de gardarroupa, duchas e avituallamento.
Por outra banda, a Concellería de Culturas, Deporte e Coñecemento lembra que se mantén aberta a inscrición para esta tempada de Coruña Corre, que se prolongará até o mes de decembro de 2019, de cara a axustar a tempada deportiva co ano natural, tal e como insta a Real Federación Española de Atletismo.
Un ano máis, o Concello conxela o prezo da cota, sendo 10€ para o público xeral de máis de 18 anos, gratuíto para as e os menores de idade, e de 7€ para o colectivo con bonificación --persoas desempregadas, maiores de 65 anos ou usuarias do Carné Xove--.
Como novidade, este ano o período para formalizar a participación manterase aberto até a cuarta das probas, a IX Carreira Popular Torre de Hércules. Tal e como lembra o Servizo Municipal de Deportes, de cara a puntuar no circuíto e figurar na lista de participantes, será necesario confirmar a participación en cada carreira. Toda a información sobre Coruña Corre e as grandes carreiras promovidas polo goberno municipal, como son C10, C21 e C42 Maratón Atlántica, pódese consultar no web www.coruna.gal/carreiraspopulares.
Mapa carreira Rosales (CAS) (4 MB)