05/02/2019
Composteiros caseiros para os veciños da Coruña
Xa se apuntaron 40 persoas para o tratamento domésticos de residuos orgánicos
"O residuo orgánico é o que máis pesa dentro do sistema, o máis problemas xera porque causa malos olores, descomposición e lixiviados, pero tamén é o que é máis fácil de tratar na casa. Por iso incidimos na expansión dun sistema sinxelo e efectivo, que entronca coas nosas políticas de residuo cero", explica a responsable da área, María García.
A participación en Composta Coruña, unha iniciativa dirixida a persoas con vivendas que teñan xardín ou horta ou asociacións, centros educativos ou entidades sen ánimo de lucro que dispoñan de espazos verdes, leva aparellada, ademais dun composteiro de 340 litros, unha formación inicial, tres visitas a domicilio, unha guía e apoio telefónico continuo. Un soporte completo para que as persoas que toman parte de Composta Coruña podan resolver as súas dúbidas e facer un uso efectivo do composteiro. Así, contarán tres visitas a domicilio realizadas por persoal educador durante o primeiro ano e segundo avancen as diferentes fases do proceso, para proporcionarlles consello e o apoio preciso, así como facer seguimento do seu uso. As persoas ou entidades que reciban o composteiro, comprométense a empregalo durante un mínimo de dous anos, un período que remata cunha visita final de avaliación.
As solicitudes dos composteiros poden presentarse no rexistro xeral do Concello da Coruña ou a través de calquera das outras formas previstas na lei. Toda a información do programaComposta Coruña está dispoñible na páxina web www.noseusitio.coruna.gal