08/07/2019
Coruña en forma, actividades deportivas de balde todos os días da semana
Xa está en marcha este programa, de xullo a setembro entre as 10.00 e as 20.00 horas da día
Ademais, eliminaranse aquelas que estaban dirixidas nos Parques Biosaudables para levar os circuítos de adestramento a tres localizacións próximas como son o Parque de Oza, o Parque de Eirís e a Praza Fábrica de Tabacos co obxectivo de que as persoas que o desexen poidan completar o exercicio tres días á semana. Por unha demanda da veciñanza, o mapa deCoruña en Forma amplíase ata o Barrio das Flores con actividades diarias de 10.00 a 11.00 horas.
O programa está patrocinado por Sanbrandan, polo que representantes da empresa acudirán aos diferentes lugares a partir do 15 de xullo para agasallar aos participantes con diversos premios. Sen necesidade de inscribirse, os interesados só terán que presentarse no sitio indicado para protagonizar unha hora de práctica conducida por profesionais das disciplinas de tai chi, zumba, pilates, ximnasia aeróbica e espacializados en circuítos de adestramento.
Coruña en Forma incluirá tamén ao longo do verán actividades caninas, andainas, rutas a patíns e a comentada marcha nórdica, todas elas con profesionais específicos. As localizacións para poñerse en forma durante o período estival serán os parques de Europa, Oza, Eirís, Vioño, Santa Margarita, Bens, Praza Fábrica de Tabacos, Torre de Hércules, Barrio das Flores, praias de Riazor, Oza e Matadoiro así como os xardíns de Méndez Núñez.
NOVA INSTALACIÓN DEPORTIVA TEMPORAL
A Concellería de Deportes vén de colocar dous postes e unha rede para poder xogar ao tenis praia e voley praia de forma libre no areal do parque de San Pedro de Visma. O único que deberán facer os usuarios é pedir que lles coloquen a rede, pero non é necesario inscribirse previamente.
O uso máximo da instalación será dunha hora en caso que de que haxa xente esperando para xogar, por iso que as rotacións se farán ás horas en punto.
Aquí podedes ver o horario:
De luns a venres
De sábado a domingo