02/12/2019
Luminoso Nadal na Coruña
Intensifícase a iluminación e creánse 20 talleres de maxia e 20 espectáculos por toda a cidade
O poboado de María Pita será outro dos protagonistas do Nadal con todo tipo de actuacións infantís de teatro, circo, contacontos, talleres educativos e outros momentos máxicos que se poderán desfrutar do 5 ao 30 de decembro.
Para potenciar e dinamizar o pequeno comercio da cidade, haberá sesións de cine do Nadal no marco dunha campaña en colaboración cos comercios que facilitarán entradas de cine por cada compra superior a 20 euros.
A música tamén ten cabida no Nadal coruñés con diferentes actuacións musicais de arraigo a cargo das nosas entidades culturais, corais e grupos tradicionais que percorrerán as rúas e espazos da cidade como o Ágora, Fórum Metropolitano e o Centro Cívico dos Mallos para amenizar a veciñanza.
Para satisfacer na medida do posible as demandas da cidadanía en materia de iluminación do Nadal, o Executivo local aposta este ano por unha maior presenza de elementos lumínicos na cidade. Nesta campaña haberá un novo deseño da árbore transitable de 20 metros, as luces en arañeiras no Campo da Leña, a esfera de luz da Mariña (este ano ten 2 metros máis de diámetro) e unha bandada de peixes que pasarán por debaixo dunha rede reciclada fabricada polas redeiras de Corme. Pero o protagonista non só é o centro da cidade, este ano a maior parte dos barrios da cidade terán máis arcos, farois e árbores iluminadas: 546 arcos, 133 motivos sobre farois, 67 árbores iluminadas, 1 farol triplo, 2 paraugas de luz con bólas tridimensionais, 4 árbores artificiais de luz de 6 e 8 metros, 6 fachadas, 2 monumentos iluminados, 1 teito de luz, 159 rúas e 15 prazas iluminadas, 6 rotondas e glorietas e 3 parques.