11/05/2020
A hostalería debe cumprir estrictas normas na Fase 1
Unha das máis significativas é o límite do 50% das mesas permitidas en base á licenza
A continuación imos expoñer as condicións que deberán cumprir (obrigas e recomendacións) os establecementos que abran as súas portas unha vez aprobada a entrada en FASE 1 na que se permite a apertura de terrazas, o servizo de comida para levar e o servizo a domicilio.
TERRAZAS:
Cumplirán as seguintes condicións:
Limítase ao 50% das mesas permitidas en base á correspondente licenza
A distancia física entre mesas ou agrupacións de mesas será polo menos DOUS METROS
Permitirase un máximo de agrupacións de 10 PERSOAS POR MESA ou agrupación de mesas
MEDIDAS DE PREVENCIÓN PARA O PERSOAL:
OBRIGAS DO TITULAR:
Cumpir coas obrigacións de prevención de riscos establecidas na lei vixente xa sexa con carácter xeral e de maneira específica para previr o contaxio do Covid-19.
Asegurarse de que todos os traballadores dispoñen dos EQUIPOS DE PROTECCIÓN INIVIDUAL axeitados ao nivel de risco.
Dispoñer permanentemente de XELES HIDROALCOHOLICOS autorizados e rexistrados polo Ministerio de Sanidade e/ou XABÓNS para a limpeza de mans.
Organizaranse QUENDAS E CONDICIÓNS de traballo de forma que se garanta a distancia interpersoal (2 metros). De ser inviable, o uso de equipos de protección será obrigatoria. Esta medida esténdese a traballadores de empresas externas que presten servizos no establecementos.
Todo o persoal debe estar FORMADO E INFORMADO sobre o correcto uso dos equipos de protección individual.
HABILITAR UNHA ZONA onde os traballadores poidan cambiarse dotada de taquillas, portatraxes ou algo similar onde poidan deixar a roupa e efectors persoais. Deberase garantir a distancia interpersoal nos vestuarios, de non poder distribuiranse os horarios de maneira que non coincidan na zona de cambio de vestimenta.
MEDIDAS DE PREVENCIÓN PARA OS CLIENTES E DURANTE O SERVIZO
– OBRIGAS:
Dispoñerase á entrada do establecemento de XELES HIDROAOCOHOLICOS con actividade virucida autorizados e rexistrados polo Ministerio de Sanidade e deberán estar sempre en condicións de uso.
A saída do establecemento colocarase unha PAPELEIRA con tapa de accionamento non manual dotadas dunha bolsa de lixo
Levarase a cabo a LIMPEZA E DESINFECCIÓN do equipamento de terraza (mesas, sillas ou calquera outra superficie de contacto) entre clientes.
LIMPAR E DESINFECTAR os sistemas electrónicos de pago entre clientes.
LIMPAR E DESINFECTAR o TPV se o empregado que o usa non é sempre o mesmo.
ELIMINAR os produtos de autoservizo (palilleiros, aceiteiras, servilleteiros…) priorizando os envases monodosis ou o seu servizo baixo petición do cliente.
VAIXELA, CRISTALERÍA, MANTEIS, etc almacenaranse en RECINTOS PECHADOS. Se isto fose inviable colocaranse lonxe de zonas de paso de clientes e traballadores.
A OCUPACIÓN MÁXIMA DOS ASEOS será dunha persoa. En caso de persoas que requiran asistencia permitirase un acompañante.
A LIMPEZA E DESINFECCIÓN dos aseos será levada a cabo mínimo 6 veces ao día.
– RECOMENDACIÓNS:
PRIORÍZASE o emprego de manteis dun só uso, de non ser así procederáse ao seu cambio entre clientes.
FOMENTARASE o pago con tarxeta ou outros medios que no supoñan contacto evitando o emprego de diñeiro en efectivo.
EVITAR o emprego de cartas de uso común optando polo emprego de outros dispositivos (medios electrónicos, pizarras, carteis, etc).
MEDIDAS DE PREVENCIÓN NA RECOLLIDA DE PEDIDOS
OBRIGAS:
O PEDIDO realizarase por teléfono ou en liña
O establecemento fixará un horario de recollida
O establecemento contará cun ESPAZO HABILITADO E SINALIZADO para a recollida de pedidos
O establecemento garantirá a separación interpersoal ou, na súa falta, instalará medidas de protección
O tempo de permanencia nos establecementos nos que se leve a cabo a recollida de pedidos será o estrictamente necesario para que os clientes poidan realizar a recollida dos mesmos.
Naqueles establecementos nos que sexa posible a atención personalizada de máis dun cliente ao mesmo tempo, deberá sinalizarse de forma clara a distancia de seguridade de 2 metros entre clientes.
Non poderá realizarse de forma simultánea a atención a varios clientes polo mesmo traballador
No caso de que non poida atenderse individualmente a máis dun cliente, non se permitirá o acceso ao establecemento de máis dun cliente salvo aquelas persoas que presentan algunha discapacidade.
Debemos ter en conta que son as medidas OBRIGATORIAS E RECOMENDADAS segundo Ordes citadas e emitidas polo Ministerio de Sanidade ata a data e por tanto, de obrigatorio cumprimento para proceder á reapertura dos establecementos na FASE 1.
As condicións aquí establecidas poden verse modificadas segundo a evolución e propagación do Covid-19, por tanto, calquera modificación respecto diso será notificada na maior brevidade posible.