25/05/2020
Volven os Campamentos de Verán!
O concello oferta máis de 7.000 prazas para que as familias poidan conciliar
Benestar Social, o Consorcio para a Promoción da Música, Deportes, Educación, IMCE, Museos Científicos e OMIC ofrecerán actividades motivadoras para que as cativas e cativos e mocidade de 4 a 17 anos pasen as vacacións aprendendo e xogando á vez.
Condicións de participación
Preinscrición: 27, 28 e 29 de maio
Listas de preinscritas/os: 30 de maio ás 10.00 h, nas webs municipais e 010
Posibles reclamacións das listas de preinscritas/os: 30 e 31 de maio e 1 de xuño
Sorteo: 3 de xuño. Consultar en cada centro o seu horario.
Listas de persoas admitidas e de espera: 9 de xuño ás 10.00 h, nas webs municipais e 010
Inscrición e aboamento da cota: 10, 11 e 12 de xuño
Xestión das listas de espera: do 13 ao 19 de xuño
Inicio dos campamentos: a partir do 22 de xuño ou 1 de xullo, en función de modalidades e espazos, segundo a oferta específica de cada servizo.
A preinscrición será telemática e facilitarase axuda telefónica a través do 010. Formación de grupos de máximo 15 participantes, sempre en cumprimento das medidas que as organizacións responsables das actividades de lecer educativo xuvenil deberán implementar con carácter xeral, ademais de aplicar as prescritas polo Ministerio de Sanidade.
Terán preferencia as/os empadroadas/os no Concello da Coruña e aquelas/es cuxos proxenitores estean ambos traballando ou teletraballando e no caso de familias monoparentais.
Prevención da COVID-19
Control e prevención da transmisión da COVID-19:
- Valorarase pormenorizadamente a posibilidade de participación. Non se permitirá a participación de persoas que pertenzan a grupos de risco, ou que convivan con grupos de risco: diabetes, enfermidade cardiovascular, incluída a hipertensión, enfermidade pulmonar crónica, inmunodeficiencia, cancro en fase de tratamento activo, mulleres embarazadas, maiores de 60 anos.
- Estableceranse medidas para a protección específica de todos os grupos vulnerables e de risco social en función das súas necesidades específicas.
- En todos os casos garantirase o cumprimento de protocolos de seguridade (medidas persoais de hixiene e prevención obrigatorias); así como a intensificación das tarefas de limpeza e desinfección dos espazos e materiais.
- Os/as educadores/as e as direccións dos campamentos velarán pola seguridade da actividade mediante o control diario da declaración de saúde de cada participante á entrada nas instalacións, o adecuado cumprimento de todos os protocolos e normas de seguridade establecidos; e, se fose necesario, o control da temperatura dos/as participantes.
- Os/as pais/nais ou titores dos/as participantes deberán responsabilizarse da súa situación particular fronte á COVID-19, de tal forma que se algún presenta sintomatoloxía asociada coa COVID-19 non acudirá e contactará co/a educador/a responsable da súa actividade.
Destinatarias/os: nenas e nenos nados entre o 01/01/2008 e o 31/12/2016. Prazas para nenas/os con necesidades educativas especiais e/ou discapacidade.
Sedes: Rede de Centros Cívicos Municipais
Horarios: de 10.00 a 14.00 h ou de 16.00 a 20.00 h e de 9.00 a 14.30 con ampliación horaria.
Duración: 4 quendas de 15 días e 1 quenda de 9 días. Inicio o 1 de xullo e remate o 9 de setembro.
Custo: 26 € horario normal e 32 € horario ampliado.
Prazas: 2.625
Benestar social para a mocidade
Destinatarias/os: mozas e mozos de entre 12 e 17 anos.
Sedes: Polideportivo de Labañou (combinado con saídas a espazos para actividades ao aire libre). Habilitarase transporte gratuíto con 6 paradas na cidade.
Horarios: de 9.00 a 14.00 h
Duración: 2 quendas de dúas semanas. Inicio o 6 de xullo e remate o 31 de xullo.
Custo: gratuítos
Prazas: 100
Consorcio da música
Destinatarias/os: nenas e nenos nados entre o 01/01/2008 e o 31/12/ 2014 e mocidade de entre 12 e 17 anos. Non son necesarios coñecementos musicais.
Sede: Centro Ágora. Horarios: de 10.00 a 14.00 h ou de 8.30 a 14.30 con ampliación horaria.
Duración: 2 quendas de 2 semanas de duración. Quenda 1 do 22 de xuño ao 3 de xullo e Quenda 2 do 17 ao 28 de agosto.
Custo: 35 € horario normal e entre 38 e 45 € dependendo da modalidade en horario ampliado.
Prazas: 60
Educación-Federación de APAS
Destinatarios: nenos e nenas nadas entre o 01/01/2008 e o 31/12/2016.
Os destinatarios serán EXCLUSIVAMENTE todos aqueles nenos e nenas que cumpran estas 2 condicións:
- Que estean matriculados en Ed. Infantil ou Ed. Primaria dos CEIPs públicos do Concello da Coruña.
- Que os seus proxenitores ou titores legais acrediten a necesidade dun servizo de conciliación laboral e familiar no horario escollido para participar no devandito programa.
Horarios: de 10 a 14 h ou de 16 a 20 h e de 8.30 a 15.30 con ampliación horaria e servizos de madrugadores e comedor.Duración: 6 semanas (de luns a venres, excepto festivos), divididas en 6 quendas dunha semana de duración. Inicio o 22 de xuño e finalizan o 31 de xullo.
Custo: 20 € horario normal e con servizos complementarios:
MADRUGADORES (sen almorzo): De 8:30 h. a 10:00
Custo por participante e quenda: 10 € (sen almorzo) ou 15€ (con almorzo)
COMEDOR: Desde as 14:00 ata as 15:30h. (podendo saír desde as 15:00 h.)
Prazas: 2430 prazas
IMCE
Destinatarios: nenos e nenas nados/as entre o 01/01/2008 e o 31/12/2016. Prazas para nenas/os con necesidades educativas especiais e/ou discapacidade. E por primeira vez mocidade de entre 12 e 17 anos.
Sedes: Fórum Metropolitano e Centro Ágora
Horarios: de 10.00 a 14.00 h ou de 16.00 a 20.00 h e de 8.30 a 14.30 con ampliación horaria
Duración: 5 quendas de 2 semanas de duración. Inicio o 22 de xuño e remate o 28 de agosto
Custo: 35 € horario normal e entre 38 e 45 € dependendo da modalidade en horario ampliado
Prazas: 1.350
Museos científicos
Destinatarias/os: mozas e mozos de entre 12 e 17 anos
Sedes: Domus e Aquarium Finisterrae
Modalidades:
- A: luns, mércores e venres en Domus; martes e xoves en Aquarium Finisterrae
- B: luns, mércores e venres en Aquarium Finisterrae; martes e xoves en Domus
Horarios: de 10.00 a 14.30 h
Duración: 1 semana, en 5 quendas. Inicio o 22 de xuño e remate o 26 de xullo
Custo: 29,09 €
Prazas: 150
OMIC
Destinatarias/os: nenas e nenos de 4 a 10 anos.
Sede: Centro Municipal de Emprego
Horarios: de 9.00 a 14.00 h. Duración: mes de xullo, repartidos en dúas quincenas do 1 ao 15 de xullo e do 17 ao 31 de xullo.
Custo: gratuíto
Prazas: 60
Deportes
Campamentos deportivos municipais de verán ano 2020 (consultar bases e documentación na páxina web de Deportes Coruña )
Destinatarias/os: nenas e nenos con idades comprendidas entre os 6 e os 13 anos, cumpridos a 31 de decembro de 2020.
Sedes:
- Campamento de Riazor: na Cidade Deportiva de Riazor, combinado co Campo de fútbol San Pedro de Visma e pista anexa de area.
- Campamento de Novo Mesoiro: no polideportivo de Novo Mesoiro, combinado co Campo de fútbol Johan Cruyff.
- Campamento do Barrio das Flores: no polideportivo do Barrio das Flores, combinado co Campo de fútbol Víctor Fernández Alonso.
- de 9:00 a 14:00 h
- Horario ampliado (só Campamento de Riazor): Madrugadores (de 08:00 a 09:00 h).
- Comedor (de 14:00 a 15:00 h).
Custo: gratuito, a excepción dos servizos de madrugadores e comedor para o Campamento de Riazor.
- Madrugadores: 10 euros/quincena
- Comedor: 20 euros/quincena