Portal de tu Ciudad Alta
← Noticias de A Coruña

16/06/2025

A noite de San Xoán contará cun dispositivo especial de seguridade e limpeza de case 1.000 persoas

Programación da noite máis máxica do ano

A noite de San Xoán contará cun dispositivo especial de seguridade e limpeza de case 1.000 persoas

"A noite de San Xoán é a máis especial do ano para moitos coruñeses e moitas coruñesas, mais tamén ten unha complexidade engadida para nós como Concello, que nos esixe a máxima coordinación en materia de seguridade, mobilidade e limpeza", indicou a alcaldesa, Inés Rey, que estivo acompañada durante a rolda de prensa pola concelleira de Medio Ambiente, Yoya Neira, o concelleiro de Cultura, Gonzalo Castro, a concelleira de Seguridade Cidadá, Montserrat Paz, e o concelleiro de Urbanismo, Rehabilitación e Vivenda, Francisco Díaz Gallego.

O dispositivo de seguridade estará coordinado desde o Centro de Mando Móbil que se situará, como cada ano, na coiraza. O dispositivo de San Xoán comezará oficialmente ás 05.30 horas do día 23. Os cortes de tráfico no paseo marítimo produciranse a partir das 19.00 horas e o baño estará prohibido desde as 22.00 horas. Na reunión detalláronse os diferentes espazos onde se atoparán os efectivos despregados nesta xornada. Manteranse nas localizacións de anos anteriores servizos como o posto médico avanzado da Cruz Vermella ou as 12 cámaras de vixilancia dispostas ao longo do paseo marítimo. Ademais, haberá nas praias un servizo especial de salvamento e socorrismo, que disporá de dúas embarcacións para emerxencias. A partir do 20 de xuño, a Policía Local comprobará as posibles provisións de madeira.

Haberá catro dotacións de Bombeiros repartidas pola contorna das praias, dúas máis na falla e outra no Centro de Mando Móbil. Ademais, haberá outras dúas dotacións preparadas no parque de Agrela en caso de ser necesarias. Tamén haberá un grupo de rescate acuático formado por 10 persoas e unha embarcación. Tamén haberá un servizo especial de salvamento e socorrismo. Establécense catro rutas de evacuación os centros hospitalarios para facilitar o desprazamento das ambulancias.

Por outra banda, o acceso ás praias estará sinalizado con 12 bandeirolas, desde o Matadoiro ata as Escravas. Por outra banda, cortarase o acceso ao tráfico nas rúas Antonio Viñes, Emilia Pardo Bazán, San Xosé e San Xoán no momento no que a Policía Local estime necesario.

120 toneladas de madeira

Este San Xoán repartiranse un total de 120 toneladas de madeira apta para a queima a partir das 19.00 horas en 14 puntos distribuídos polos areais. Haberá tamén máis de 25 puntos á saída das praias para que as persoas usuarias poidan deixar os residuos de forma separada, en contedores de gran tamaño para residuos orgánicos, inorgánicos e vidro. Estes puntos estarán sinalizados e vinilados con claridade para que a xente identifique onde ten que depositar cada tipo de residuo. Ecovidrio repartirá 3.000 invitacións para o Aquapark de Cerceda ás persoas que depositen correctamente os seus residuos. Ademais, haberá un reforzo de colectores nos barrios para que as persoas poidan reciclar os restos da celebración en cada distrito. Tamén haberá un reforzo de aseos portátiles ao longo dos areais, con máis de 50 unidades, e reforzarase a limpeza dos aseos públicos próximos ás praias.

O desaloxo das praias comezará ás 6.00 horas. Para a noite de San Xoán está previsto que a baixamar sexa ás 21.30 horas e a preamar ás 3.51 horas. A limpeza efectuarase en todas as praias da cidade con actividade en San Xoán e empregarase un camión cisterna para apagar e refrescar os restos das fogueiras. Unha vez finalizados os traballos de retirada de residuos, haberá un cribado dos areais.

Ao mesmo tempo, haberá un dispositivo de limpeza nos barrios con especial atención aos que rexistran especial afluencia nas celebracións veciñais como Monte Alto, Vioño, Labañou, Os Castros, Os Rosales e o Barrio das Flores. Tamén para atender a limpeza de zonas como María Pita, a contorna de Emilia Pardo Bazán e o incremento da actividade de ocio na praza do Humor, Azcárraga, Cidade Vella ou Ángel Senra.

"O lume do San Xoán mantense prendido todo o ano porque as ganas de iniciar o verán coruñés van marcadas no noso ADN. Mais tamén  facelo con sentidiño e responsabilidade", sinalou a alcaldesa. Inés Rey tamén chamou ao civismo e a non delimitar espazos nos areais nos días previos. "As praias son espazos de uso público e todos e todas temos dereito a gozar da noite de San Xoán", indicou.

Zonas de exclusión e limitacións nos areais

Por outra banda, non estará permitido realizar fogueiras preto de colectores, vehículos e outros elementos. Tampouco estará permitido o uso de combustibles líquidos nin de acelerantes para prender as cachelas. Está prohibido queimar plásticos, cauchos, rodas, colchóns, madeira lacada, goma espuma e outros obxectos que poidan producir gases tóxicos. Non se permitirá acceder ás praias con mobles nin obxectos voluminoso, ou madeira que leve puntas ou cravos.

Nas zonas de exclusión non se poderá prender lume de ningún tipo. As ditas zonas son: a totalidade do trazado do oleoduto, e gasoduto de alta presión, o parque de Bens incluíndo a praia de Bens, o monte de San Pedro, os xardíns de Méndez Núñez, os xardíns de San Carlos, a praza das Bárbaras e a contorna da Torre de Hércules, incluído o merendeiro das Lapas e a praia das Lapas e as calas dos Mouros e de Durmideiras, sen prexuízo de que os servizos de Seguridade poidan designar algunha outra zona baseándose en criterios de protección das persoas e os bens públicos.

Por outra banda, está prohibido trasladar colectores de residuos e cambiar a súa localización debido aos desaxustes que isto causa na recollida de lixo durante os días posteriores á festa. Tampouco estará permitido baixar con vidro ás praias. Estes residuos deberán depositarse nos puntos habilitados nos accesos aos areais. Non estará permitida a solta de globos de papel, farois chineses ou similares cuxo medio de ascensión sexa o lume.

Transporte público

Establecerase un dispositivo especial de transporte público, consistente en oito liñas especiais que comunicarán os barrios coa praza de Pontevedra. Terán cada unha delas unha frecuencia de 10-15 minutos ata as 02.30 horas. O servizo nocturno estará operativo entre as 03.00 e as 06.30 horas cunha frecuencia de 30 minutos. Os tempos son aproximados e poderían variar en función do tráfico. As liñas que estarán dispoñibles durante a noite de San Xoán serán: 1, 1A, 3, 3A, 6, 7, 11, 21 e unha circular entre a Cidade Vella e Monte Alto (3A). Ademais, o servizo nocturno, con saídas cada media hora, seguirá o seu itinerario habitual. O obxectivo é conectar todos os barrios da cidade coa praza de Pontevedra e permitir un desprazamento cómodo e seguro da cidadanía.

Programación cultural

Como cada ano, a celebración de San Xoán levará aparellada unha programación cultural que complementará o ocio que xa por si só se vive nas praias e nos barrios. A explanada do Palacio dos Deportes acollerá a noite de San Xoán as actuacións de La Guardia e Hey Kid tras a queima da falla e o espectáculo pirotécnico da medianoite.

Por outra banda, desde este venres 13 ata o luns 23 regresa a Ruada das Xoubas, unha iniciativa de artes escénicas para todos os públicos formada por nove compañías vencelladas á Coruña e que percorrerá os distintos barrios con teatro, música, danza, maxia ou narración oral.

Haberá espectáculos abertos á cidadanía no parque Europa, praza da Tolerancia, praza dos Avós, parque de Oza, Casa Museo Casares Quiroga, Pescadores, Vioño, Pablo Iglesias ou Campo da Leña. A programación completa é a seguinte:

  • Venres 13 de xuño
    • Parque Europa (Fórum Metropolitano en caso de choiva)
      • 18.00 horas: Tigre de Papel - Obradoiro de decoración de sardiñas
      • 19.00 horas: Caxoto - Grandes éxitos 2004 - 2024
  • Sábado 14 de xuño
    • Praza Elíptica (Polideportiva dos Rosais en caso de choiva)
      • 18.30 horas: Os Náufragos Teatro - Bulebule
    • Parque de Santa Margarida (Soportais da Casa das Ciencias en caso de choiva)
      • 19.00 horas: Cris de Caldas - Contos en Lila
  • Domingo 15 de xuño
    • Praza dos Avós (CCM de Monte Alto en caso de choiva)
      • 18.30 horas: A Maga Dani e Martín Camiña - Unha gran enleada de enredos
    • Parque de Oza (CCM de Monelos)
      • 19.00 horas: Ghazafelhos - Historias para escagharriñarse
  • Venres 20 de xuño
    • Casa Museo Casares Quiroga
      • 18.30 horas: Perez & Fernández - Nanai da china
      • 19.00 horas: Caramuxo Teatro - Os senteito
  • Sábado 21 de xuño
    • Praza dos Pescadores (CCM Pescadores en caso de choiva)
      • 18.30 horas: Artestudio Teatro - Contos no ar
    • Parque de Vioño (CCM Os Mallos en caso de choiva)
      • 19.00 horas: Pedras de cartón - Carapuchiña vermella
  • Domingo 22 de xuño
    • Praza de Pablo Iglesias (CCM O Castrillón en caso de choiva)
      • 18.30 horas: Danthea Teatro - O titor de Pierrot
      • 19.00 horas: Os contos de Pablísimo - 25 anos dos contos de Pablísimo
  • Luns 23 de xuño
    • Campo da Leña (Soportais de María Pita en caso de choiva)
      • 11.00 horas: Tigre de papel - Obradoiro de decoración de sardiñas
      • 11.00 horas: Taller de herbas de San Xoán
      • 12.30 horas: Aurora Artes Escénicas - Bosque

Bando da alcaldesa

Desde o pasado venres está publicado o bando municipal que regula as diferentes actividades que se poden facer durante estas semanas, como sardiñadas e churrascadas, que estarán permitidas entre o 13 e o 30 de xuño, logo do previo aviso á Área de Seguridade Cidadá. Ademais, este ano volverase ampliar o horario dos establecementos de ocio e hostalería que o desexen en dúas horas. O bando tamén regula as zonas de especial protección e tamén establece o dispositivo especial de transporte público.

Este ano tamén volverase contar con Puntos Violeta, un fixo e tres móbiles con 9 persoas traballando e coordinadas coa policía, para que as mulleres que o desexen poidan notificar calquera situación machista que sufran esa noite ou informarse das canles de comunicación máis efectivas para actuar en este tipo de casos.

Toda esta normativa é pública e pode consultarse na páxina web municipal, onde tamén están dispoñibles os impresos para solicitar, con polo menos 48 horas de antelación, os permisos para lumeiradas e churrascadas.

Laura Pato, autora do cartel do San Xoán 2025

Laura Pato, ourensá de nacemento e coruñesa de adopción, é unha deseñadora e ilustradora cunha intensa e exitosa presenza en redes sociais baixo o seu pseudónimo Le Petit Patito, co que combina en redes como Instagram humor ácido e crítica social.

É unha artista cun estilo moi recoñecible que aborda temas como o consumismo nas redes, a cultura dos influencers ou a crise da vivenda en España, coa minuciosidade que lle proporciona a súa titulación como arquitecta.

Más noticias

A Coruña se vuelca con las fiesta de María Pita 26

13/07/2026

A Coruña se vuelca con las fiesta de María Pita 26

El verano en A Coruña vuelve a confirmarse como el epicentro cultural de Galicia. La alcaldesa Inés Rey ha desvelado este lunes la hoja de ruta de las Fiestas de María Pita 2026, una edición que busca equilibrar la vanguardia artística con las citas más tradicionales del estío herculino. Un agosto de música ininterrumpida El corazón de las fiestas, la plaza de María Pita, ya tiene banda sonora para agosto. El pistoletazo de salida será el día 1, con el pregón de la actriz y humorista Lucía Veiga, que dará paso a la voz eterna de Luz Casal. La programación destaca por su eclecticismo y sello gallego. Tras el inicio, el escenario principal acogerá a figuras de la talla de Mercedes Peón (2 de agosto), La Delio Valdez (3 de agosto), Ginebras (9 de agosto), The Rapants (11 de agosto), Fillas de Cassandra (13 de agosto) e Israel Fernández (15 de agosto). La nota más joven la pondrá el macroevento Los40 Summer Live el 4 de agosto, con una decena de artistas del momento. Noroeste Estrella Galicia: cita ineludible Como ya es tradición, el Festival Noroeste Estrella Galicia (del 5 al 8 de agosto) se integra en el corazón de las fiestas. Este año, el cartel vuelve a demostrar su músculo con una ambiciosa apuesta internacional: Echo & The Bunnymen, Dorian, Fantastic Negrito o Frankie and the Witch Fingers. Todo ello sin olvidar la escena local y nacional, con nombres como Sés, Bala, Ruxe Ruxe o Agoraphobia. Mucho más que conciertos El Ayuntamiento ha subrayado que el programa busca llegar a todos los rincones y públicos. La oferta se complementa con: Artes escénicas: El pistoletazo de salida lo dará a mediados de julio el Festival Manicómicos, que llenará las calles de circo y teatro. Tradición: Vuelven los clásicos como el Certamen de Habaneras, la popular Batalla Naval (14 de agosto) y la Romería de Santa Margarita. Cultura clásica: La Semana Clásica cerrará el programa (18-23 de agosto) con lo mejor de las formaciones musicales coruñesas. Ciclos específicos: El público familiar y juvenil encontrará su espacio en Cascarillarte, el festival BeatOut y As Noites do Parque, que traerán a A Coruña a voces como Judeline y Valeria Castro. El cartel: un guiño a la memoria La imagen de este 2026 corre a cargo del artista local Correa Corredoira. Con una estética que evoca los carteles de los años sesenta y el sabor de la Coruña de la infancia del autor, la pieza ha sido definida por la alcaldesa como una obra con "fuerza y personalidad". Según Corredoira, el cartel es un homenaje a una ciudad que, pese a los cambios, vive hoy "un momento muy digno de festejar". Con esta propuesta, A Coruña se prepara para una agenda frenética que consolida a la ciudad como la gran referencia del ocio y la cultura en el noroeste peninsular durante los meses más calurosos del año.

A Coruña se convierte en el epicentro global de la viñeta

25/06/2026

A Coruña se convierte en el epicentro global de la viñeta

A Coruña volverá a ser, un año más, la capital del cómic. Sin embargo, la 26ª edición de Viñetas desde o Atlántico se prepara para marcar un antes y un después en su trayectoria. Bajo la dirección de Manel Cráneo, el evento no solo crece en despliegue —contando con diez sedes oficiales y cuatro espacios colaboradores—, sino que redefine su identidad apostando por una transversalidad donde lo lúdico y lo reivindicativo conviven bajo el mismo techo. De Springfield a la resistencia palestina El festival ha logrado convertir sus espacios en un mosaico de realidades. Si bien la nostalgia y el entretenimiento están garantizados con la presencia estelar de Raúl García, el legendario animador de Disney y Los Simpson, quien desembarcará en Palexco con piezas inéditas y material coleccionable de la familia amarilla, la programación también mira hacia los conflictos que definen el presente. La gran novedad de este año es la incorporación de la Fundación Luis Seoane como sede, un espacio que dedicará sus esfuerzos a dar altavoz a la realidad a través del arte gráfico palestino. Bajo el título Voces propias, grito colectivo, esta muestra permitirá conocer el trabajo de diez autores que utilizan la historieta para narrar su contexto, una apuesta valiente que subraya el papel del cómic como herramienta de denuncia social. Memoria y legado en las paredes de la ciudad La memoria democrática también será un pilar fundamental. En el Kiosco Alfonso, una exposición coral analizará, a través de autores como Carlos Giménez —reciente Gran Cruz de Alfonso X El Sabio— o Sebas Martín, temas complejos como la represión franquista, la Guerra Civil y las tensiones de la Guerra Febril. En la misma línea, la Casa Museo Casares Quiroga se estrena como sede oficial con una muestra que adapta la rigurosa labor del historiador Paul Preston al lenguaje de la viñeta, de la mano de José Pablo García. Un festival "más colaborativo" Manel Cráneo ha hecho hincapié en que este es el año de las alianzas. La participación activa de escuelas de arte como la Pablo Picasso, junto con la implicación de ONGs y asociaciones, ha permitido que el festival desborde sus límites físicos tradicionales. La programación, que incluye desde maratones de pódcast especializados hasta proyecciones de cine de animación en el Teatro Colón y el Circo de Artesáns, se complementa con una fuerte apuesta por el público infantil en Palexco, asegurando que el relevo generacional de los lectores de cómic esté garantizado. Con 70 autores invitados, 24 exposiciones y más de un centenar de actividades, A Coruña se prepara para una semana donde el papel y la tinta servirán, al mismo tiempo, para dibujar sonrisas con la cultura pop y para reflexionar, con seriedad, sobre la historia que nos ha traído hasta aquí.

El Dépor recupera su lugar legítimo

01/06/2026

El Dépor recupera su lugar legítimo

No fue solo un partido. Ayer, bajo el cielo de A Coruña, el aire pesaba distinto, cargado de una electricidad que solo se siente cuando la historia está a punto de corregir un error. Cuando el árbitro señaló el final, el sonido que emergió de Riazor no fue un grito, fue un rugido atávico, un alivio que llevaba demasiado tiempo contenido en el pecho de una ciudad que nunca dejó de creer. Las gradas, un lienzo infinito de rayas blanquiazules, estallaron en un éxtasis que desbordó el estadio para inundar las calles de la ciudad. En la plaza de María Pita, el epicentro del júbilo, la marea coruñesa se fundió en un abrazo eterno. Se vieron abuelos llorando junto a nietos que apenas conocían la gloria pasada, pero que ayer aprendieron lo que significa ser del Dépor. "Volvimos", se leía en los labios de miles de aficionados mientras el cava corría y las bufandas giraban al viento como banderas de una batalla ganada. No importó el sufrimiento de las últimas temporadas, ni la dureza del camino recorrido en categorías inferiores; ayer, el Deportivo de A Coruña recuperó su lugar legítimo entre los grandes. A Coruña amaneció hoy con resaca de felicidad, consciente de que, después de tanto tiempo, el escudo vuelve a lucir donde merece. El Dépor ya no es un recuerdo; es, de nuevo, una realidad de Primera.