27/09/2015
Os títeres echen Compostela
Hoxe domingo, ás 12.30 e ás 18.00 horas, Teatro La Estrella presenta a súa función 'Los tres cerditos' na Fundación SGAE
A programación escénica, que se levará a cabo no Teatro Principal, Fundación SGAE, Bar Embora e Zona C, atoparase tamén co público desde enclaves ao aire libre como o paseo central da Alameda ou as prazas do Toural ou Praterías.
A carteleira de espectáculos complétase con outras actividades de difusión e formación arredor do teatro de bonecos, como son nove funcións específicas para centros escolares, un taller de anatomía teatral, dous obradoiros de construción de marionetas de distintas técnicas e as exposicións tituladas ‘Os monicreques e a arte. Marionetas inspiradas en Picasso e Miró’, instalada na Biblioteca Ánxel Casal; ‘Monicreques de dedo. Carmen Domech’, que ocupará a Fundación SGAE; e ‘A casa dos Galicreques’, que poderá visitarse na Regadeira de Adela.
Para ver a programación pincha aquí