09/11/2015
Cineuropa proxecta hoxe un dos filmes máis aclamados en Cannes
Son of Saul, recibiu o Gran Premio do Xurado e Premio FIPRESCI. Será no Teatro Principal ás 22.45 horas
Tamén se estrea o documental Invasión, de Abner Benaim, Premio do Público no Festival de Málaga. A película rememora, a través de imaxes e testemuños, a invasión do exército estadounidense a madrugada do 20 de decembro de 1989, cando 27.000 marines americanos tomaron as rúas por orde do George Bush pai, baixo o pretexto de deter ao presidente Manuel Noriega acusado de narcotráfico pola xustiza estadounidense. Invasión proxectarase ás 17:45 h no Teatro Principal.
Unha estrea de menor calado -que non calidade- é Victoria, unha película de Sebastian Schipper maxistralmente rodada nun único plano secuencia e protagonizada pola catalá Laia Costa. Partindo dun comezo lixeiro, próximo a ¡Jo, qué noche! de Scorsese, no que unha moza española goza da noite berlinesa, o filme devén en asfixiante thriller.
Poderase asistir tamén ao segundo pase de Tell Spring not to come this Year, de Saeed Taji Farouky e Michael McEvoy; e aos últimos pases da multipremiada e perturbadora El Club, de Pablo Larraín, e de Le Nouveau, a optimista comedia de Rudi Rosenberg que inagurou o festival, á que o público outorgou unha puntuación de 8,49.
A programación complétase con outras películas proxectadas nestas salas, tamén no CGAC onde se poderán ver obras de Chaplin, Tim Robbins e Robert Stevenson e, por último, na Sala Mozart do Auditorio de Galicia, que se estrea como sede nesta edición coa proxección do documental galego Unitarias, de Jorge Algora.
PROGRAMA COMPLETO DO LUNS 9
TEATRO PRINCIPAL
16:00 EL CLUB Pablo Larraín
17:45 INVASIÓN Abner Benaim
19:30 45 YEARS Andrew Haigh
21:15 LE NOUVEAU Rudi Rosenberg
22:45 SON OF SAUL László Nemes
00:45 SHUNPU DEN (STORY OF A PROSTITUTE) Seijun Suzuki
SALÓN TEATRO
16:00 TELL SPRING NOT TO COME THIS YEAR Saeed Taji Farouky, Michael McEvoy
17:45 BABY THE RAIN MUST (A ÚLTIMA TENTATIVA) Robert Mulligan
19:30 MOUNTAINS MAY DEPART Jia Zhangke
21:45 VICTORIA Sebastian Schipper
00:00 IZGNANIE (THE BANISHMENT) Andrei Zvyagintse
SALA MOZART - AUDITORIO DE GALICIA
20:00 UNITARIAS Jorge Algora
CGAC
17:15 A KING IN NEW YORK (UN REI EN NOVA YORK) Charles Chaplin
19:15 CRADLE WILL ROCK (ABAIXO O TELÓN) Tim Robbins
21:30 THE WOMAN ON PIER 13 (CASADA CUN COMUNISTA)