19/11/2015
Os petiscos de Área Santiago, convidados de luxo este xoves no Santiago(é)Tapas
Restaurantes como La Bodeguilla de San Roque, Bocalino, O Catro, O Afiador, Artesana, entre outros, acollen as creacións dos seus compañeiros da bisbarra
• Cervexería O Vikingo de Lestedo (Boqueixón), gañador da Ruta das Tapas 2014, será o convidado en Artesana.
• Casa Estilo (Melide), Primeiro Premio do Melide de Tapas 2015, irá ao Bocalino.
• Século XX Café (Padrón), gañador do Saborea Padrón 2015, estará en La Bodeguilla de San Roque.
• Casa de Xantar A Culler (Silleda) irá a O Afiador.
• Casa Barreiro (Vedra), gañador do Vedra de Tapas 2015, estará en O Catro.
• Casa Don Din (Vila de Cruces) acudirá a O Ferro.
• Argentinos Burguer (A Estrada), gañador do Santas Tapas 2013, estará en A Moa.
• Bodegón A Cunca (Lalín), Premio Especial do Xurado no Deztápate 2015, acudirá ao Castelao.
• Restaurante A Magdalena (O Pino) será o convidado no Garum.
Unha das novidades desta edición do Santiago(é)Tapas é a importancia que se lle quere prestar aos produtos galegos de calidade, con denominación de orixe ou indicación xeográfica protexida. Todas as tapas deben contar con algún deles entre os seus ingredientes.
Entre os locais participantes no Santiago(é)Tapas e Santiago(é)Noite: O Celme do Caracol, La Bodeguilla de San Roque, El Bocalino, La Bodeguilla de Santa Marta, Artesana, La Bodeguilla de San Lázaro, O Afiador, La Barrika, O Catro, Bicoca, La Croquetta, entre outros.