19/12/2015
Maxia, danza, teatro e música para esta fin de semana
Hoxe, sábado, a cita é co ‘ Nadal Máxic’ na que sete magos galegos farán as delicias do cativos e para os mayores a compañía de danza LOS INNato presentan ‘NO/Nato’ na Sala Agustín Magán
Nadal Máxico é un espectáculo creado pola Asociación de Magos Profesionais de Galicia estruturado en formato gala, presentado polo Mago Antón. O prezo é de 5 euros habendo un bono familiar coa cal polo prezo de tres entradas, retíranse catro.
‘No/Nato’ con LOS INnato. Sábado e domingo ás 20.30 h na Sala Agustín Magán
O Colectivo de danza Los INnato / Residentes en Costa Rica, ofrecen Obradoiros/Workshops de danza para principiantes e profesionais en diferentes centros educativos tanto en Costa Rica como fóra dela. Preséntannos en Santiago 'LOS INnato'. O prezo é de 8 euros.
Concerto de Nadal da Banda Municipal de Música. Domingo ás 12.00 h no Auditorio de Galicia
Uxía Senlle, o Cantorum Compostellana Coniujctio, a banda de gaitas de Forcarei e o grupo de baile tradicional "Xirandola" acompañarán a Banda Municipal de Santiago no seu concerto de Nadal no Auditorio de Galicia. Estarán dirixidos por Juan Miguel Romero LLopis e o coro por Anxo Abel. A entrada é libre ata completar aforo.
Concerto inaugural de Todo Lírica. Domingo ás 20.30 h no Teatro Principal
O ciclo Todo Lírica chega á súa 15ª edición con tres concertos. Este domingo 20 de decembro teremos á soprano Carmen Solís acompañada do pianista Rubén Fernández Aguirre cun programa de cancións de berce e Verdi; o mércores 23 de decembro serán as sopranos Belén López León e Ruth González con Quico Cadaval como narrador que estarán no Teatro Principal presentando ‘Unha educación incompleta’, opereta de Chabrier para tres cantantes e piano. E pechamos esta XV edición o luns 28 de decembro da man do tenor Zapata. O prezo das entradas é de 8 euros por concerto e un abono para os tres por 16 euros.
‘Improcadabra’ con Los Duguis Impro. Luns ás 19.00 h no Teatro Principal
Tres bruxiñas viaxeiras, un caldeiro máxico e marabillosas historias que aparecerán por encantamento diante dos nosos ollos. O prezo é de 5 euros habendo un bono familiar coa cal polo prezo de tres entradas, retíranse catro.
Chicago Mass Choir. Luns ás 20.30 h no Auditorio de Galicia
Chicago Mass Choir, desde o respecto e a fidelidade á tradición do gospel, presenta no Nadal do 2015 "A Spiritual Tribute To B.B. King", unha sentida homenaxe ao rei do blues e lenda da música popular americana. O prezo das entradas é de 20 euros.