05/02/2016
O pregón de Os da Ría, as 20.30 no Pazo de Bendaña, abre o entroido en Compostela
Media hora ante terá lugar o desfile do Meco dende Cervantes ao Toural
- De 10:00 a 14:00h Mercado de alimento labrego galego de Teo nos Tilos, Concello de Teo terán cantina con bebidas e petiscos propios destas datas e se ides disfrazad@s terán algún detalliño con vós.
- De 10:30-13:30 Entroido no Museo, obradoiro para nenos de 6-12 anos. Museo de Historia Natural (Compostela).
- A partir das 11:30 Pasarrúas da comparsa Fauna Barriopinta en Área Central. Santiago de Compostela.
- De 11:00 a 14:00h en Aire centro de Arte. Exposiciones y talleres creativos. Taller Mascaradas Picasianas. Santiago de Compostela.
- A partir das 11:30h Festa de entroido en Pontepedriña, gran churrascada, amenizada po un grupo folk, vermú e pola tarde concurso de disfraces infantil.
- Ás 17:00h Concurso de disfraces de porteo na Gaia dos Nenos (Compostela).
- A partir das 17:00h presentación do Entroido en Vedra con Zas e Cañotas a diversión está asegurada!
- A partir das 17:30 no local da Asociación Veciñal e Cultural As Brañas de Andrés haberá degustación de produtos de entroido e concurso de disfraces e de postres. Santiago de Compostela.
- A partir das 17:30h Festa infantil de Entroido do Concello de Ames na Praza da Maía de Bertamiráns. A Escola de Música de Ames e Uxía Lambona e a Banda Molona? porán a música a unha tarde de obradoiros e xogos circenses. Aqueles nenos e nenas que acudan disfrazados serán agasallados con orellas. O obradoiro de cociña de entroido comezará ás 17:30h e o de maquillaxe ás 18:00h. Esta iniciativa rematará arredor das 20:30 horas.
- De 17:30 a 19:00h na Escuela BSdanza en Santiago de Compostela, disfraces, baile e diversión. Imprescindible inscrición previa.
- Ás 18:00h Concurso infantil de disfraces en Área Central. Santiago de Compostela.
- Ás 18:00h dentro do Festival de títeres e marionetas Titerentroido "Jiñol" de Títeres Trompicallo no Museo Municipal "Ramón María Aller" de Lalín.
- A partir das 18:00h, na segunda planta do Centro Comercial As Cancelas
- en Santiago de Compostela gran festa amenizada polo espectáculo Falabaratas e a Charanga TNT, con concurso de disfraces.
- Ás 20:00h desfile do Meco dende a Praza de Cervantes ata a Praza do Toural de Santiago de Compostela. Na comitiva participarán as comparsas Os Conformistas de Conxo e A Ruliña de Laraño, co acompañamento con percusión a cargo de Aperta.
- Ás 20:30h despois de que o Meco sexa subido ao balcón do Pazo de Bendaña (Praza do Toural, Compostela), terá lugar o pregón de inicio das festas, a cargo de Arturito Puy e Fabián Santomé, compoñentes de Os da Ría. A formación ofrecerá despois o primeiro concerto do seu último traballo, titulado Disco Póstumo.