23/02/2016
Programa 'Imos de excursión' con destinos de España e Portugal
As excursións están destinadas ao público en xeral, agás a viaxe termal a Lobios, na que os participantes teñen que ser maiores de 18 anos
As viaxes realizaranse en sábados, domingos e pontes festivas. En canto ás viaxes de varias xornadas, este ano programáronse visitas ao País Vasco (do 24 ao 27 de marzo), a Andalucía (do 5 ao 8 de maio), ao Algarve (do 14 ao 17 de xullo), a Cataluña (do 8 ao 12 de outubro), ao Alentello (do 29 de outubro ao 1 de novembro), ás Termas de Lobios (do 21 ao 23 de novembro) e a Lisboa (do 3 ao 6 de decembro). Tamén haberá viaxes de dous días a León (28 e 29 de maio) e a Porto (18 e 19 de xuño). Finalmente, as cinco excursións dun día terán como destino Sanabria (10 de abril), a Costa Ártabra (24 de abril), a Mariña lucense (3 de xuño), o Piornedo (18 de setembro) e o San Martiño (11 de novembro).
Inscricións
As excursións están destinadas ao público en xeral, agás a viaxe termal a Lobios, na que os participantes teñen que ser maiores de 18 anos, pola propia normativa do balneario.
As inscricións realizaranse nos centros socioculturais, no prazo que se abrirá antes de cada excursión. Así, para a primeira das viaxes, a varias localidades do País Vasco, prevista para os días 24, 25, 26 e 27 de marzo, o prazo de inscrición comeza o xoves 3 de marzo ás 17:00 horas. O mínimo de inscritos para que se realice a viaxe é de 40.
Máis de 1.000 prazas
A oferta global de prazas para esta edición do programa Imos de excursión é de 1.045, das que 550 corresponden ás excursións dun día e 495 ás viaxes de varias xornadas. Na edición de 2015, participaron no programa 1.250 persoas