02/05/2016
Xa hai 600 inscritos na SantYaGo10K
O percorrido da carreira noctura, que se celebrará o vindeiro 21 de maio, será lineal e fixa un máximo de 2.500 participantes para facilitar a experiencia
SantYaGo10K naceu en 2015 da man do Club de Atletismo Fontes do Sar que, logo de participar en ducias de carreiras en toda España, deseñou unha cita pensando nos corredores populares e tomando os mellores detalles dunha multitude de probas de todo tipo. Esta edición incluirá ademais diferentes melloras a partires da experiencia acumulada no ano pasado, como a fixación dun límite máximo de 2.500 participantes ou a modificación do percorrido, que nesta ocasión será lineal e non dará dúas voltas ao mesmo circuíto.
Este ano tamén aumenta o número de premiso.
Haberá dous premios para o grupo de corredores populares: un para o grupo non federado con maior número de participantes que cheguen á meta, e outro especial para o grupo non federado con maior número de particiantes femininas. En ambos casos, o premio será de 150 euros.
Este ano tamén haberá un premio especial "Cándido Calvo", en homenaxe a un dos grandes atletas populares de Santiago das últimas décadas, que entre outros clubs foi membro activo do Atletismo Fontes do Sar dende a súa fundación, e que faleceu recentemente.