10/11/2016
Oliver Laxe visita Cineuropa para presentar a súa premiada 'Mimosas'
O venres o festival contará tamén coas estreas de 'The Happiest Day in the Life of Olli Mäki', de Juho Kuosmanen; 'The neon demon', de Nicolas Winding Refn; e 'The love witch (A bruxa do amor)', de Anna Biller.
De seguido, ás 22:30 h. no mesmo Principal, proxectarase un dos filmes máis agardados da edición, The neon demon, de Nicolas Winding Refn; un conto moral provocador e esteticista que non deixará indiferente a ninguén.
No Salón Teatro teremos unha nova oportunidade de ver Lady Macbeth, de William Oldroyd (ás 21:45 h.), e The nine, de Katy Grannan e Hannah Hughes, que se pasa ás 18 h. por derradeira vez no festival.
Tamén hai que salientar unha nova cita co Panorama Audiovisual Galego que comezará no Cinema Numax ás 16:15 h con tres interesantes pezas de Alberto Lobelle (Den Pobedy: Día da Vitoria), David Varela (Freedom to kill the other's children), e Xurxo Chirro (Jeanette).
A programación do día completarase con varios filmes da sección O Polar: a idade de xeo do cinema negro francés, de entrada libre até completar aforamento.
ROGRAMACIÓN COMPLETA VENRES 11
TEATRO PRINCIPAL
16:15 CLAIR DE FEMME (UNHA MULLER SINGULAR) Costa-Gavras
18:00 CÓMO FUNCIONAN CASI TODAS LAS COSAS Fernando Salem
20:00 ENCONTRO CO PREMIO CINEUROPA OLIVER LAXE
MIMOSAS Oliver Laxe
22:30 THE NEON DEMON (O DEMO DE NEÓN) Nicolas Winding Refn
00:30 THE LOVE WITCH (A BRUXA DO AMOR) Anna Biller
SALÓN TEATRO
16:15 LE SECRET (O SEGREDO) Robert Enrico
18:00 THE NINE Katy Grannan e Hannah Hughes
20:00 THE HAPPIEST DAY IN THE LIFE OF OLLI MÄKI Juho Kuosmanen
21:45 LADY MACBETH William Oldroyd
CINEMA NUMAX
16:15 PANORAMA AUDIOVISUAL GALEGO
DEN POBEDY: DÍA DA VITORIA Alberto Lobelle
FREEDOM TO KILL THE OTHER’S CHILDREN David Varela
JEANETTE Xurxo Chirro
17:45 EL ALMANAQUE José Pedro Charlo
19:15 SIETE INSTANTES Diana Cardozo
21:45 TODO COMENZÓ POR EL FIN Luis Ospina
CGAC
19:00 LANDRU Claude Chabrol
21:00 L’ALBATROS (O ALBATROS) Jean-Pierre Mocky
22:30 JE T’AIME, JE T’AIME Alain Resnais