08/03/2018
Manifestacións en Santiago no ‘Día da Muller’
As 12.00 horas xuntanza feminista na Praza Roxa e as 20.00 horas protesta unitaria que sairá dende a Praza 8 de marzo
As convocatorias feministas en Santiago será ás 12,00 horas na Praza Roxa e 20,00 horas manifestación desde a Praza 8 de marzo.
A Xunta garantiza que haberá servizos mínimos en educación, sanidade e servizos sociais. Así nos centros educativos públicos non universitarios, así como nos privados e concertados dependentes da Consellería de Educación, está garantida a apertura de todos os colexios. Nas universidades deberá haber un empregado de conserxería por quenda en cada facultade ou centro.
No ámbito sanitario, haberá 100% de cobertura de facultativos nos servizos de urxencias e gardas médicas, quirófanos para intervencións urxentes ou nos que estean en risco a saúde, paritorios, unidades de reanimación, coidados intensivos --de adultos ou pediátricas-- e coronarias. Tamén en áreas de diáleses e de tratamentos oncolóxicos (radioterapia, hospital de día).
Respecto de facultativos de Atención Primaria --persoal médico, pediatra e odontólogos--, establécese 100% de cobertura en urxencias. Aquí, para os centros con catro ou menos profesionais establécese un efectivo; de cinco a oito profesionais (dous efectivos), de nove a 12 (tres efectivos) e de 13 ou máis profesionais (catro efectivos).
No tocante ao transporte, nos autobuses regulares e de uso integrado de viaxeiros e escolares, mantense o 50% do servizo nas liñas de curto percorrido (até 25 quilómetros) nas franxas de 6,00 a 9,00 e de 18,00 a 21,00 horas. Nas de longo percorrido garantirase o acceso aos principais núcleos con dous servizos diarios de ida e outros dous de volta.
No tocante aos buses de transporte escolar fíxase que se manterán como esenciais os de entrada aos centros desde as 7,30 até as 10,30 horas e os de saída desde as 13,30 ás 19,00 horas nos itinerarios de transporte escolar de estudantes de niveis de ensino obrigatorio, cuxa lonxitude total sexa superior a catro quilómetros. Os de educación especial son todos esenciais.
Para o transporte interurbano establécense servizos mínimos para todos os buses anteriores ás 9,00 horas e posteriores ás 18,00 horas para facilitar o acceso aos postos de traballo. No tocante a mercadorías, fíxanse servizos mínimos aquilo transportes que leven produtos para e desde os establecementos sanitarios.