14/05/2018
Visitas nocturas ao Gaiás, no Día dos Museos
Haberá ata 20 actividades distintas entre o 18 e 19 de maio
13 tipos de visitas comentadas, todas de balde, para que cada quen elixa a que mellor se lle axeite ou a que máis lle conveña:
- familiares
- online (vídeos e retransmisión en directo nas redes sociais e fíos de Twitter sobre as exposicións)
- maraton de visitas (14 de 30 minutos de duración cada unha)
- nocturnas: Galicia Universal e Baldomero Pestana. Reserva previa.
- arquitectónicas
- etc
Coñece o museo por dentro. As persoas que se inscriban a esta actividade descubrirán como se xestiona en todos os seus procesos unha exposición, da man do Departamento de Exposicións e tomando como modelo as dúas grandes exposicións actuais que acolle o Museo Centro Gaiás: Galicia Universal. A arte galega nas coleccións ABANCA e Afundación. Reserva previa.
Visitas Nocturnas. O Museo Centro Gaiás nestes festexos non sabe de horas. Así, á noitiña e dun xeito distendido e cunha sesión de DJ, amosámosvos outro xeito de coñecer as exposicións que acolle o Museo Centro Gaiás: Baldomero Pestana, a verdade entre as mans e Galicia Universal. A arte galega nas coleccións ABANCA e Afundación. Contarase con servizo de cafetería aberto. a.
Descubre a túa peza favorita. Porque estamos Hiperconectados contigo e cos teus gustos queremos saber o que pensas e cal é a túa peza, obra ou autor favorito das exposicións que acolle o Museo Centro Gaiás. Non só cho imos consultar, senón que o colgaremos nas redes sociais para que se coñeza a túa opinión, impresión ou criterio.
Photocall. Non hai festexo ao grande sen un photocall ao grande. Vén preparado/a para posar con todo o noso atrezzo artístico, inspirado nas nosas exposicións. Tira foto de recordo e súbea ás redes co cancelo #DIM18 #DIM18Gaiás #DIMGaiásHiperconectadosContigo.