14/11/2018
Santiago(é)Tapas, con 68 locais participantes
Haberá unha gran final coas dez tapas escollidas polo xurado profesional do 7 ao 9 de decembro
A organización comunicará públicamente o día 3 de decembro o listado destas dez tapas, escollidas por un xurado profesional. A gran final celebrarase do 7 ao 9 decembro. Os establecementos con tapas finalistas teñen a obriga de ofrecer durante estes tres días a súa tapa ao público. A elección das tapas gañadoras entre as finalistas farase unindo a valoración do xurado profesional e o voto popular emitido durante os tres días da final.
Outra das novidades importantes da edición deste ano é unha nova distribución dos premios do concurso. Haberá un Primeiro Premio Santiago(é)tapas, dotado con 1.000 euros, un Segundo Premio Santiago(é)tapas, dotado con 500 euros, e un Terceiro Premio Santiago(é)tapas, dotado con 500 euros en produto. Ademáis, este ano o público premiará directamente cos seus votos emitidos entre o 15 de novembro e o 2 de decembro a dúas tapas.
A Primeira Tapa do Público recibirá 700 euros euros e a segunda, 300 euros. A maiores, este ano modifícase o premio PREMIO(É)TAPAS+ co obxecto de dinamizar o concurso a través das redes sociais. O premio estará aberto por primeira vez a calquera persoa ou colectivo que difunda o concurso a través das seguintes redes sociais: Facebook e Instagram. Este premio está dotado con 700 euros.
Finalmente, outra das novidades principais da edición deste ano é que se lle da liberdade aos locais participantes a que fixen o prezo das súas tapas a concurso, cun mínimo de 1,5 euros e un máximo de 3,5. Todas as tapas deben incluir polo menos 1 produto pertencente a algunha das Denominacións de Orixe ou Indicacións Xeográficas Protexidas de Galicia.
Por cuarta edición consecutiva, Santiago(é)Tapas está organizado de modo conxunto por Turismo de Santiago e a Asociación Hostalaría Compostela, nun modelo de coparticipación entre o Concello e o sector privado da cidade. Ademaís, Santiago(é)tapas conta con Mahon como patrocinador principal e co patrocinio xa tradicional de Cash Récord e Coca Cola. Conta ademais coa colaboración institucional da Deputación de A Coruña.