10/12/2018
VI Carreira San Silvestre en Compostela
Ábrese o prazo para inscribirse nesta proba popular que terá lugar o 31 de decembro
Poderán participar atletas federados e non federados; haberá unha soa clasificación conxunta. O control técnico das carreiras estará a cargo do Comité Galego de Xuices da Federación Galega de Atletismo.
A SAÍDA da proba será ás 18:00 horas desde a Praza do Obradoiro. A zona de META estará ubicada tamén na Praza do Obradoiro.
INSCRICIÓNS: Ata o xoves 27 de decembro ás 23.59 horas.
RECOLLIDA DE DORSAIS: Deportes El Corte Inglés Santiago, planta baixa. NON SE ENTREGARAN DORSAIS NA PRAZA DO OBRADOIRO
- 30 de decembro de 10:00 a 21:30 horas
- 31 de decembro de 10:00 a 17:00 horas
- Premios económicos de 200 €, 150 €, 100 € e 50 € ás 4 primeiras mulleres e 4 primeiros homes da PROBA.
- Trofeo para as/ós 3 primeiros/as clasificados/as da categoría escolares (5,5 km aprox.).
- Trofeo para as/ós 3 primeiros/as clasificados/as da categoría adultos (5,5 km aprox.).
- Premio participación aos 3 clubes de atletismo federado masculino con máis participantes ADULTOS nas probas.
- Premio participación ao 3 clubes de atletismo federado femenino con máis participantes ADULTOS nas probas.
- Premio participación ao 3 GRUPOS POPULARES con máis participantes na proba (deberán reflexar o mesmo nome na inscrición).
- Premio participación a EMPRESA con máis participantes na proba (deberán reflexar o mesmo nome na inscrición).
- Premio participación ao Centro Deportivo ou Ximnasio con máis participantes na proba (deberán reflexar o mesmo nome na inscrición).
- Premio aos 3 mellores disfraces de grupo (mínimo 3 integrantes)
- Premio aos 3 mellores disfraces individuais.