07/01/2019
Amplíase a Campaña de Vacinación da gripe
Pódese acudir, ata o 25 de xaneiro, a calquera dos 900 puntos repartidos pola comunidade
Dende esa data e ata o día de hoxe vacináronse un total de 553.000 persoas, o que supón uns 23.000 vacinados máis que na mesma data do ano pasado. No caso concreto das persoas de 65 ou máis anos, un dos grupos de risco nos que a vacina está especialmente indicada, o número de vacinados é xa de 388.500. Nestas datas de 2018 a cifra para este grupo de idade era de 6.600. Se continúa esta tendencia, ao remate da campaña poderíase falar de que se superaría o 57,96% de cobertura vacinal do pasado ano na poboación galega de 65 ou mais anos.
Xunto á mellora das coberturas na poboación xeral, Sanidade subliña o aumento do número de vacinados entre os profesionais sanitarios, case un 30% máis que o ano pasado, segundo os datos provisionais manexados. Deste xeito consolídase a tendencia dos últimos anos pola que os profesionais sanitarios van incrementando a súa confianza nesta vacinación.
É necesario destacar tamén o elevado incremento de vacinación das mulleres embarazadas, cun ascenso cercano ao 70% con respecto á campaña de 2017. Isto é debido, probablemente, a unha maior concienciación da importancia desta enfermidade no embarazo por parte das mulleres e dos profesionais sanitarios que as atenden.
Últimos datos epidemiolóxicos
A Consellería de Sanidade lembra que o principal obxectivo desta campaña de vacinación é minimizar o impacto en saúde da gripe na poboación galega mediante a súa prevención, procurando diminuír o número de casos e a gravidade das complicacións derivadas de padecela. Aínda que non empezou a onda gripal deste ano, os últimos datos epidemiolóxicos publicados amosan xa 26 ingresos hospitalarios por esta enfermidade dos que 5 tiveron que ingresar na UCI