Portal de tu Ciudad Alta
← Noticias de Santiago de Compostela

17/03/2022

De Milladoiro a Santiago por carril bici

Preséntase o anteproxecto do trazado de carril bici entre a rotonda do Milladoiro e a Volta do Castro

De Milladoiro a Santiago por carril bici

Os alcaldes de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo; e de Ames, Blas García, presentaron o anteproxecto "Trazado de carril bici na SC-20 entre a rotonda do Milladoiro e a de Volta do Castro". Os dous rexedores, xunto ao concelleiro de Barrios e Obras de Compostela, Javier Fernández; e a concelleira de Tráfico e Mobilidade de Ames, Beatriz Martínez; destacaron que se trata dun proxecto necesario, que ten como obxectivo humanizar e mellorar a mobilidade entre ambos muncipios.

A actuación afecta a un treito de 1,8 quilómetros, que discurren polo termo municipal de Santiago, e que busca facilitar a comunicación entre O Milladoiro e Santiago en bicicleta.

Tras o análise de alternativas e das reunións de traballo con diferentes agrupacións ciclistas, acordouse non segregar o trazado dos sentidos de circulación do itinerario ciclista, co obxecto de xerar un espazo con certa entidade que aumente a seguridade dos mesmos e facilite os cambios de sentido de maneira directa.

O proxecto propón, para elo, unha plataforma de uso ciclista de dobre sentido cun ancho mínimo de 2,5 metros. Para levala a cabo, sería necesario, como se fixo na Avenida de Asturias, reducir o ancho dos carrís destinados aos vehículos.
A senda ciclista iría paralela á SC-20 no tramo comprendido entre a rotonda de Vidán e a Ponte da Rocha. Nesta ponte bifurcaríase en dous itinerarios, un polo lado dereito da estrada (en sentido Milladoiro), máis longo, pensado para as familias ou para momentos de ocio; e o outro polo lado esquerdo, máis curto, pero máis rápido. O proxecto tamén contempla un desvío cara o barrio de Conxo.

Neste momento, a zona afectada polo proxecto só dispón de beirarrúas nunha parte do trazado. Carecen de continuidade, polo que é imposible realizar este treito a pé ou en bicicleta. A causa, o enlace da AG-56, ao que, con esta actuación, se pretende dar solución.

Para abordalo, propóñense distintas solucións, coincidindo cos trazados proxectados. Unha delas é elevar ó carril bici sobre os ramais do enlace da AG-56 aproveitando a orografía. Esta opción obriga a execución de estruturas auxiliares, muros de sostemento e pasarela, para acadar cotas de rasante que garantan o cumprimento do gálibo de vehículos no enlace da autovía.

A outra, pasa por empregar un viario municipal paralelo ao oeste da SC-20 ata o paso superior da AG-56. Este cruzamento poderíase realizar a nivel da calzada cunha regulación semafórica ou creando un paso superior á mesma que evite afeccións ó tráfico. En calquera caso, enténdese que as dúas alternativas son totalmente compatibles.

Respecto ao inicio e fin do carril bici, o proxecto contempla crear zonas de transición que dean coherencia ao trazado facilitando a súa integración nos viarios adxacentes e permitindo os movementos de incorporación e saída do itinerario ciclista de maneira segura e clara.

Na glorieta do Milladoiro, a proposta pasa por crear, do lado do núcleo urbano, un espazo compartido de grandes dimensións que permita o paso dos peóns entre as beirarrúas existentes e facilite as conexións das dúas alternativas de trazado. Ao mesmo tempo serviría de amortecemento e calmado do tráfico eliminando a necesidade da actual pasarela.

Na glorieta de Volta do Castro, a conexión co núcleo urbano pasa polo aproveitamento dos viarios municipais existentes creando unha derivación cara o barrio de Conxo pola rúa da Escurridia e cara a Choupana atravesando a propia SC-20 a altura da glorieta. Esta última opción levaríase a cabo mediante a creación dunha pasarela anexa, mediante a supresión dun dos carrís da glorieta, ou co aproveitamento do paso superior existente ao leste.

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, subliñou que para financiar este proxecto buscaríanse fondos europeos. Tamén amosou non ter "inconveniente" en que a obra a faga a Xunta de Galicia. Sería, engadiu, unha forma de sumar esforzos entre todos, para eliminar os problemas de mobilidade no que cualificou como "a gran barreira co Milladoiro", que supuxo a construción do periférico. Para o rexedor, trátase dun proxecto necesario, pero complexo, que habería que tratar co Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, e coa Xunta.

Pola súa banda, Blas García sinalou que este carril bici é, sobre todo, un servizo para a veciñanza do Milladoiro. "Lévano reclamando hai moitos anos", engadiu. E lembrou que, aínda que as obras se van executar íntegramente en Santiago, suporán un beneficio para o concello de Ames, pola posibilidade de chegar ata Compostela "sen necesidade de coller o coche". Serán tamén, continuou, "un gran avance en mobilidade sostible".

Beatriz Martínez explicou que se trata dun trazado cun doble obxectivo: para compartir en familia e para o calmado do tráfico, algo que considera fundamental. Permitirá ademais, sinalou, compartir espazos entre ambos concellos.

Para o concelleiro Javier Fernández, con este carril bici, "estamos dando resposta a unha demanda que mellorará a mobilidade da veciñanza, e que humanizará a zona, xa que neste momento non existe un itinerario peonil que conecte o núcleo de O Milladoiro coa cidade de Santiago de maneira directa". Tamén destacou que o proxecto non é froito da improvisación. "Como todos os proxectos de cidade, é un proxecto traballado, madurado e consensuado, despois de moitas reunións, cos axentes e as administracións implicadas".

De Milladoiro a Santiago por carril bici
De Milladoiro a Santiago por carril bici
De Milladoiro a Santiago por carril bici
De Milladoiro a Santiago por carril bici
De Milladoiro a Santiago por carril bici
De Milladoiro a Santiago por carril bici
De Milladoiro a Santiago por carril bici
De Milladoiro a Santiago por carril bici
De Milladoiro a Santiago por carril bici
De Milladoiro a Santiago por carril bici
De Milladoiro a Santiago por carril bici
De Milladoiro a Santiago por carril bici
De Milladoiro a Santiago por carril bici
De Milladoiro a Santiago por carril bici
De Milladoiro a Santiago por carril bici
De Milladoiro a Santiago por carril bici
De Milladoiro a Santiago por carril bici
De Milladoiro a Santiago por carril bici
De Milladoiro a Santiago por carril bici
De Milladoiro a Santiago por carril bici
De Milladoiro a Santiago por carril bici
De Milladoiro a Santiago por carril bici
De Milladoiro a Santiago por carril bici
De Milladoiro a Santiago por carril bici
De Milladoiro a Santiago por carril bici
De Milladoiro a Santiago por carril bici
De Milladoiro a Santiago por carril bici
De Milladoiro a Santiago por carril bici
De Milladoiro a Santiago por carril bici
De Milladoiro a Santiago por carril bici
De Milladoiro a Santiago por carril bici
De Milladoiro a Santiago por carril bici
De Milladoiro a Santiago por carril bici
De Milladoiro a Santiago por carril bici
De Milladoiro a Santiago por carril bici
De Milladoiro a Santiago por carril bici
De Milladoiro a Santiago por carril bici
De Milladoiro a Santiago por carril bici
De Milladoiro a Santiago por carril bici
De Milladoiro a Santiago por carril bici
De Milladoiro a Santiago por carril bici

Más noticias

Programa de las Fiestas del Apóstol 2026

17/07/2026

Programa de las Fiestas del Apóstol 2026

Santiago de Compostela ya ha despejado las incógnitas sobre su verano más esperado. La capital gallega vivirá del 22 al 31 de julio una edición de las Fiestas del Apóstol marcada por una apuesta decidida por la calidad artística y la diversidad cultural. El Concello ha diseñado un programa condensado en diez jornadas intensas, ajustando la duración respecto a años anteriores —de 15 a 10 días— para garantizar la excelencia en un contexto de incremento de costes. PROGRAMA COMPLETO (+) La edil de Festas, Pilar Lueiro, presentó ayer la programación acompañada por Iria Aldegunde, autora de un cartel que este año se convierte en un ejercicio de memoria histórica y homenaje a Camilo Díaz Baliño, figura central de la ilustración gallega de principios del siglo XX. Un cartel ecléctico y cosmopolita La propuesta musical busca romper fronteras. El inicio, el día 22, correrá a cargo de la elegancia de la Real Filharmonía de Galicia, pero el tono cambiará rápidamente hacia sonidos globales. El cartel internacional: La leyenda del reggae Julian Marley subirá al escenario el día 23, mientras que la estrella mexicana Lila Downs compartirá velada el día 24 con la cantautora gallega Belém Tajes en la Praza da Quintana. Vanguardia y rap: La concejalía ha puesto el foco en la modernidad con artistas como Bewis de la Rosa, impulsora del "rap rural", y Eris Mackenzie, que fusionará electrónica con música gallega el día 29. El cierre: Como se había anunciado, el grupo indie The Rapants pondrá el broche de oro a los festejos el día 31, consolidando su posición en la escena musical gallega. La verbena, protagonista en la Alameda El alma de las fiestas seguirá latiendo en la Alameda, que acogerá un ciclo de orquestas que garantiza el baile y la tradición popular. Las actuaciones comenzarán con la Orquesta Finisterre el día 23 y se extenderán con formaciones como la Orquesta Compostela, Tania Veiras e Los Cumbias Pop, Costa Dorada y Suavecito. En un claro compromiso por la accesibilidad, el Concello ha establecido un **horario inclusivo sin ruido** para las atracciones durante las tardes de los días 21, 28 y 29. Además, el Punto Lila se mantendrá operativo en la Alameda durante todas las noches de fiesta (de 20:00 a 01:00 horas) como medida preventiva y de seguridad. Luz y pirotecnia: Vuelve el espectáculo al Obradoiro Uno de los reclamos más esperados regresa a la Praza do Obradoiro: el espectáculo de luz sobre la fachada del Pazo de Raxoi. Diseñado por la empresa Qatro Gatos, el *show* tendrá una duración de nueve minutos y se proyectará los días 24, 25 y 26 de julio, con varios pases cada noche. El cielo de Santiago también se verá iluminado por la Pirotecnia Mediterráneo. El día 24 se lanzarán fuegos desde tres puntos estratégicos (Cidade da Cultura, parque Carlomagno y Alameda), mientras que el día 31, a partir de las 23:30 horas, la Alameda será el escenario desde el que se despedirán las fiestas con el último gran despliegue pirotécnico.      

El Obradoiro se transformará en un lienzo de luz para el Apóstol 2026

13/07/2026

El Obradoiro se transformará en un lienzo de luz para el Apóstol 2026

La propuesta, diseñada por la firma especializada Cuatro Gatos, promete hacer que el histórico edificio "cobre vida" mediante un despliegue técnico que combinará proyecciones de alta definición y una banda sonora diseñada específicamente para la ocasión. Esta iniciativa, con un coste de 100.000 euros, se ha sufragado íntegramente a través de la tasa turística, una medida que busca reinvertir los beneficios de la actividad viajera en la mejora de la oferta cultural compostelana. Calendario de pases: Las funciones tendrán una duración de 9 minutos cada una, con un intervalo de 15 minutos entre sesiones para facilitar el flujo de visitantes y garantizar la seguridad en la plaza. Horarios y acceso La programación comienza el día 24 de julio, coincidiendo con la jornada de los fuegos artificiales, con un bloque que arrancará a medianoche y se extenderá hasta las 02:00 horas. Durante las noches del 25 y 26, el espectáculo se adelantará, comenzando a las 23:00 horas y finalizando a la 01:00 de la madrugada. La concelleira de Festas, Pilar Lueiro, ha realizado un llamamiento a la responsabilidad ciudadana, instando tanto a los vecinos como a los turistas a evitar aglomeraciones en la plaza. "Habrá multitud de oportunidades para disfrutar del espectáculo", recordó, apelando al civismo para que la experiencia sea segura y fluida para todos los asistentes. Este evento se suma a un programa de festejos ambicioso que se desarrollará entre el 18 y el 31 de julio, y que ya cuenta con reclamos confirmados como el concierto de la mexicana Lila Downs en A Quintana el día 24, el cierre musical de The Rapants el día 31 y las tradicionales jornadas dedicadas al folclore y al traje gallego.

Atardecer no Gaiás 26

01/07/2026

Atardecer no Gaiás 26

Los conciertos comenzarán, con carácter general, a las 21.00 horas y serán de acceso libre. En caso de lluvia o condiciones meteorológicas adversas, la organización trasladará las actuaciones a un espacio cubierto para garantizar su celebración. La principal novedad de la apertura del ciclo será el cambio de horario del concierto de Carlangas, previsto para el jueves 2 de julio, que se adelanta a las 20.00 horas por decisión del propio artista con el objetivo de facilitar la asistencia del mayor número posible de seguidores en Santiago de Compostela. El exlíder de Novedades Carminha inaugurará el programa presentando Universo Paralelo, su tercer trabajo en solitario, marcado por el regreso a las guitarras y al rock. Un día después, el viernes 3 de julio, será el turno de Marrit, ganador del primer premio de Música del Xuventude Crea 2025, que mostrará un repertorio donde confluyen el pop, el rock clásico y la experimentación sonora. La música urbana tendrá también un protagonismo destacado con la actuación de 9Louro, uno de los nombres más destacados del panorama gallego actual, que llegará el 9 de julio con su segundo álbum, Amorrer, una propuesta que mezcla trap, electrónica y ritmos urbanos con identidad gallega. El relevo lo tomarán los sonidos de raíz. Maricarme (16 de julio) y Unto Vello (17 de julio) protagonizarán dos jornadas dedicadas a la renovación de la música tradicional gallega desde una perspectiva contemporánea. El ciclo continuará el 23 de julio con la contundencia del stoner rock de Bala, mientras que el final del mes estará protagonizado por la propuesta de autora de Sheila Patricia (30 de julio) y el punk rock en gallego de Lisdexia (31 de julio). Agosto con eclipse, electrónica y rap La programación de agosto arrancará el 6 de agosto con el grupo compostelano Dogo, que presentará su propuesta de noise rock y post-punk. Uno de los momentos más singulares de esta edición llegará el miércoles 12 de agosto, cuando el ciclo se adelantará excepcionalmente para acompañar con la electrónica de Galician Army el eclipse total de sol, un fenómeno astronómico que podrá contemplarse desde la Cidade da Cultura si las condiciones meteorológicas lo permiten. Al día siguiente se celebrará la segunda edición del Atardecer Fest, una jornada dedicada a la música urbana que reunirá a tres destacados artistas del rap, cuyo cartel se anunciará próximamente. La clausura correrá a cargo de Turista Sueca, el 14 de agosto, con un espectáculo que combina spoken word, pop y electrónica bajo la definición de "electro-mamarracho", como el propio grupo denomina su propuesta artística. La edición de 2026 cuenta nuevamente con la colaboración de Cervezas Alhambra, que renueva su apoyo al ciclo cultural impulsado por la Cidade da Cultura para convertir las tardes de verano en un espacio de encuentro entre la música en directo y el público.