Portal de tu Ciudad Alta
← Noticias de Santiago de Compostela

09/01/2023

Tecnoloxía innovadora para combater tumores sólidos

Un equipo multidisciplinar, entre os que se atopa a USC lideran o equipo

Tecnoloxía innovadora para combater tumores sólidos

A terapia con células CAR-T —linfocitos de pacientes que son modificados xeneticamente para que poidan recoñecer e destruír de forma específica as células tumorais logo de ser inxectados—  constitúe unha nova forma de abordar o tratamento contra o cancro e que xa demostrou o seu potencial no ámbito da oncohematoloxía pero non así nos tumores sólidos, aqueles que medran como masas celulares en órganos e tecidos. A dificultade das células CAR-T para viaxar a través dos tecidos e chegar ao tumor, así como a acción do ambiente hostil dos tumores ante elas, supón unha barreira que frea o éxito destas terapias avanzadas en tumores sólidos. Debido a que a gran maioría dos tumores diagnosticados son deste tipo, desenvolver métodos que permitan incrementar a dispoñibilidade de células CAR-T no seu interior para mellorar a súa eficacia é un obxectivo prioritario a nivel clínico. 

 

A modo de “cabalo de Troia” que permitirá esconder e protexer os seus “soldados” ata que chegue o momento da loita, estas cápsulas cargadas de células CAR-T e un cóctel de biomoléculas que axudarán á súa acción efectiva, posibilitarán unha liberación dirixida dos “soldados” no tumor, permitíndolles, tras iso, superar o ambiente hostil que os rodeará cando penetren para levar a cabo de forma eficiente a súa acción anti-tumoral.

 

O proxecto desenvolverao un consorcio altamente interdisciplinario integrado pola Universidade de Santiago de Compostela (USC), como entidade coordinadora. O profesor José Rivas estará á fronte dun equipo investigador procedente do Instituto de Materiais da USC (iMATUS) con Jorge Mira e Yolanda Piñeiro do grupo NANOMAG e Carmen Álvarez-Lorenzo e Ángel Concheiro do grupo ID-FARMA; o Centro de Investigación do Cancro de Salamanca (centro mixto do CSIC e da Universidade de Salamanca), partícipe do Centro de Investigación Biomédica en Rede de Cancro (CIBERONC), liderado por Xosé Bustelo; o Cima Universidade de Navarra, liderado por Sandra Hervás Stubbs; e GALARIA S.A., empresa pública de servizos sanitarios, con Mariona Baliu-Piqué e Alicia Piñeiro Redondo, liderando o seu equipo.

 

Incorporación de nanomateriais en biopolímeros 

As cápsulas están formadas por biopolímeros porosos e flexibles capaces de albergar un cóctel de biomoléculas que, logo do momento da liberación das células CAR-T dentro do tumor, permitirán que estas non sexan inactivadas polo ambiente hostil presente na maioría de tumores. Estas cápsulas serán implantadas nas inmediacións dunha zona tumoral —ou na rexión mesma da resección tras a extirpación cirúrxica do tumor—, coa finalidade de que as células CAR-T poidan liberarse na súa gran maioría o máis preto posible das células tumorais para, posteriormente, recoñecelas especificamente e destruílas.

 

As cápsulas poderán tamén incorporar, se así se desexa, nanopartículas magnéticas que permitan, tras unha estimulación externa polo persoal médico, oncólogos e radiólogos, destruír “queimando” as células tumorais residuais que queden tras a acción das células CAR-T mediante a xeración de altas temperaturas na rexión onde están localizadas as cápsulas. Ademais, mediante técnicas de imaxe médica de uso rutineiro na práctica clínica (resonancia magnética ou ecografía, entre outras) o uso destas cápsulas permitirá realizar un seguimento en tempo real das células CAR-T en todo o organismo dos pacientes. Por outra banda, os materiais que compoñen as cápsulas reducen posibles complicacións como a aparición de fibrose e, dada a súa flexibilidade, permitirán a súa implantación e extracción mediante técnicas de laparoscopia estándar na práctica clínica.

 

A clave do proxecto consiste no deseño da cápsula “similar a un cabalo de Troia, que permite trasladar a salvo os soldados ao centro do campo de batalla e facilitarlles armas abundantes, para que unha vez fóra, maximicen o seu efecto contra as células tumorais”, explica o profesor Rivas, coordinador do proxecto. “É unha ferramenta cuxa ‘arquitectura’ consiste nunha cápsula porosa, elaborada por unha mestura de biopolímeros capaz de albergar un hidroxel enriquecido que permite incubar e expandir as células CAR-T, á vez que libera fármacos que debiliten o tumor”, engade. En palabras de Xosé Bustelo, investigador principal do proxecto que traballa no Centro de Investigación do Cancro de Salamanca e o CIBERONC, con esta metodoloxía é posible “introducir e incubar células CAR-T plenamente activas nunhas cápsulas que permitan a súa liberación efectiva e a súa acción anti-tumoral a longo prazo. Isto realízase a través da inclusión nas cápsulas de biomoléculas que facilitarán a liberación sen problemas das células CAR-T, a súa proliferación dentro do tumor e, o que é máis importante, que a súa acción anti-tumoral non sexa bloqueada polas propias células tumorais. Usando un símil bélico, é como poder bombardear toda unha zona de guerra logo de ter inactivado as defensas antiaéreas do tumor”.

 

Cancro de mama

“Usaremos modelos de rato de cancro de mama, os cales serán tratados con células CAR-T modificadas xeneticamente para que recoñezan moléculas que se expresan neste tipo de tumores. En todo caso, o importante é que os métodos optimizados neste proxecto servirán, con lixeiras modificacións, para outros tipos de tumores sólidos”, indica Sandra Hervás, investigadora principal do proxecto que traballa no Cima de Pamplona.

 

Logo da súa optimización a nivel experimental usando modelos celulares e animais, esta nova versión de inmunoterapia será producida en modo GMP (polas súas siglas en inglés ‘Good Manufacturing Practice’) para a súa posible translación ao ámbito clínico, tarefa que estará a cargo da empresa pública galega de servizos sanitarios GALARIA, coa súa Unidade de produción de células CAR-T. “Con esta abordaxe, queremos pechar no proxecto todo o ciclo de desenvolvemento e produción que vai dende a innovación no laboratorio ata a implementación, seguindo a esixencia dun centro de produción de inmunoterapias”, indica Alicia Piñeiro unha das responsables da empresa e cuxo grupo investigador está liderado por Mariona Baliu-Piqué.

 

O proxecto ‘Encapsulación de células CART en sistemas porosos nanoestruturados bioactivos para a súa liberación dirixida en tumores sólidos’ acaba de recibir financiamento por parte da Axencia Estatal de Investigación do Ministerio de Ciencia e Innovación, dentro do Programa Liñas Estratéxicas 2022 dotado cos Fondos de Reconstrución e Resiliencia procedentes da Unión Europea. O financiamento global para o proxecto é dun millón de euros.

 

O proxecto CARTsol é tamén o primeiro da Unidade Cooperativa de Investigación en Terapias Avanzadas de Galicia, unha rede pública de investigación promovida polo Sergas e a Consellaría de Sanidade e con sede nas instalacións cedidas pola USC ao abeiro do convenio asinado o pasado ano para implantar o primeiro centro de produción de inmunoterapias avanzadas de Galicia, o coñecido como Proxecto CAR-T Galicia. Mediante este convenio, a Consellaría de Sanidade comprometeuse a promover a constitución desta rede de investigación na que participen conxuntamente o persoal do novo centro CAR-T, grupos do Sistema Universitario de Galicia, ademais doutros institutos e organismos de investigación sanitaria.

 

Tecnoloxía innovadora para combater tumores sólidos
Tecnoloxía innovadora para combater tumores sólidos
Tecnoloxía innovadora para combater tumores sólidos
Tecnoloxía innovadora para combater tumores sólidos
Tecnoloxía innovadora para combater tumores sólidos
Tecnoloxía innovadora para combater tumores sólidos
Tecnoloxía innovadora para combater tumores sólidos
Tecnoloxía innovadora para combater tumores sólidos
Tecnoloxía innovadora para combater tumores sólidos
Tecnoloxía innovadora para combater tumores sólidos
Tecnoloxía innovadora para combater tumores sólidos
Tecnoloxía innovadora para combater tumores sólidos
Tecnoloxía innovadora para combater tumores sólidos
Tecnoloxía innovadora para combater tumores sólidos
Tecnoloxía innovadora para combater tumores sólidos
Tecnoloxía innovadora para combater tumores sólidos
Tecnoloxía innovadora para combater tumores sólidos
Tecnoloxía innovadora para combater tumores sólidos
Tecnoloxía innovadora para combater tumores sólidos
Tecnoloxía innovadora para combater tumores sólidos
Tecnoloxía innovadora para combater tumores sólidos
Tecnoloxía innovadora para combater tumores sólidos
Tecnoloxía innovadora para combater tumores sólidos
Tecnoloxía innovadora para combater tumores sólidos
Tecnoloxía innovadora para combater tumores sólidos
Tecnoloxía innovadora para combater tumores sólidos
Tecnoloxía innovadora para combater tumores sólidos
Tecnoloxía innovadora para combater tumores sólidos
Tecnoloxía innovadora para combater tumores sólidos
Tecnoloxía innovadora para combater tumores sólidos
Tecnoloxía innovadora para combater tumores sólidos
Tecnoloxía innovadora para combater tumores sólidos
Tecnoloxía innovadora para combater tumores sólidos
Tecnoloxía innovadora para combater tumores sólidos
Tecnoloxía innovadora para combater tumores sólidos
Tecnoloxía innovadora para combater tumores sólidos
Tecnoloxía innovadora para combater tumores sólidos
Tecnoloxía innovadora para combater tumores sólidos
Tecnoloxía innovadora para combater tumores sólidos
Tecnoloxía innovadora para combater tumores sólidos

Más noticias

Programa de las Fiestas del Apóstol 2026

17/07/2026

Programa de las Fiestas del Apóstol 2026

Santiago de Compostela ya ha despejado las incógnitas sobre su verano más esperado. La capital gallega vivirá del 22 al 31 de julio una edición de las Fiestas del Apóstol marcada por una apuesta decidida por la calidad artística y la diversidad cultural. El Concello ha diseñado un programa condensado en diez jornadas intensas, ajustando la duración respecto a años anteriores —de 15 a 10 días— para garantizar la excelencia en un contexto de incremento de costes. PROGRAMA COMPLETO (+) La edil de Festas, Pilar Lueiro, presentó ayer la programación acompañada por Iria Aldegunde, autora de un cartel que este año se convierte en un ejercicio de memoria histórica y homenaje a Camilo Díaz Baliño, figura central de la ilustración gallega de principios del siglo XX. Un cartel ecléctico y cosmopolita La propuesta musical busca romper fronteras. El inicio, el día 22, correrá a cargo de la elegancia de la Real Filharmonía de Galicia, pero el tono cambiará rápidamente hacia sonidos globales. El cartel internacional: La leyenda del reggae Julian Marley subirá al escenario el día 23, mientras que la estrella mexicana Lila Downs compartirá velada el día 24 con la cantautora gallega Belém Tajes en la Praza da Quintana. Vanguardia y rap: La concejalía ha puesto el foco en la modernidad con artistas como Bewis de la Rosa, impulsora del "rap rural", y Eris Mackenzie, que fusionará electrónica con música gallega el día 29. El cierre: Como se había anunciado, el grupo indie The Rapants pondrá el broche de oro a los festejos el día 31, consolidando su posición en la escena musical gallega. La verbena, protagonista en la Alameda El alma de las fiestas seguirá latiendo en la Alameda, que acogerá un ciclo de orquestas que garantiza el baile y la tradición popular. Las actuaciones comenzarán con la Orquesta Finisterre el día 23 y se extenderán con formaciones como la Orquesta Compostela, Tania Veiras e Los Cumbias Pop, Costa Dorada y Suavecito. En un claro compromiso por la accesibilidad, el Concello ha establecido un **horario inclusivo sin ruido** para las atracciones durante las tardes de los días 21, 28 y 29. Además, el Punto Lila se mantendrá operativo en la Alameda durante todas las noches de fiesta (de 20:00 a 01:00 horas) como medida preventiva y de seguridad. Luz y pirotecnia: Vuelve el espectáculo al Obradoiro Uno de los reclamos más esperados regresa a la Praza do Obradoiro: el espectáculo de luz sobre la fachada del Pazo de Raxoi. Diseñado por la empresa Qatro Gatos, el *show* tendrá una duración de nueve minutos y se proyectará los días 24, 25 y 26 de julio, con varios pases cada noche. El cielo de Santiago también se verá iluminado por la Pirotecnia Mediterráneo. El día 24 se lanzarán fuegos desde tres puntos estratégicos (Cidade da Cultura, parque Carlomagno y Alameda), mientras que el día 31, a partir de las 23:30 horas, la Alameda será el escenario desde el que se despedirán las fiestas con el último gran despliegue pirotécnico.      

El Obradoiro se transformará en un lienzo de luz para el Apóstol 2026

13/07/2026

El Obradoiro se transformará en un lienzo de luz para el Apóstol 2026

La propuesta, diseñada por la firma especializada Cuatro Gatos, promete hacer que el histórico edificio "cobre vida" mediante un despliegue técnico que combinará proyecciones de alta definición y una banda sonora diseñada específicamente para la ocasión. Esta iniciativa, con un coste de 100.000 euros, se ha sufragado íntegramente a través de la tasa turística, una medida que busca reinvertir los beneficios de la actividad viajera en la mejora de la oferta cultural compostelana. Calendario de pases: Las funciones tendrán una duración de 9 minutos cada una, con un intervalo de 15 minutos entre sesiones para facilitar el flujo de visitantes y garantizar la seguridad en la plaza. Horarios y acceso La programación comienza el día 24 de julio, coincidiendo con la jornada de los fuegos artificiales, con un bloque que arrancará a medianoche y se extenderá hasta las 02:00 horas. Durante las noches del 25 y 26, el espectáculo se adelantará, comenzando a las 23:00 horas y finalizando a la 01:00 de la madrugada. La concelleira de Festas, Pilar Lueiro, ha realizado un llamamiento a la responsabilidad ciudadana, instando tanto a los vecinos como a los turistas a evitar aglomeraciones en la plaza. "Habrá multitud de oportunidades para disfrutar del espectáculo", recordó, apelando al civismo para que la experiencia sea segura y fluida para todos los asistentes. Este evento se suma a un programa de festejos ambicioso que se desarrollará entre el 18 y el 31 de julio, y que ya cuenta con reclamos confirmados como el concierto de la mexicana Lila Downs en A Quintana el día 24, el cierre musical de The Rapants el día 31 y las tradicionales jornadas dedicadas al folclore y al traje gallego.

Atardecer no Gaiás 26

01/07/2026

Atardecer no Gaiás 26

Los conciertos comenzarán, con carácter general, a las 21.00 horas y serán de acceso libre. En caso de lluvia o condiciones meteorológicas adversas, la organización trasladará las actuaciones a un espacio cubierto para garantizar su celebración. La principal novedad de la apertura del ciclo será el cambio de horario del concierto de Carlangas, previsto para el jueves 2 de julio, que se adelanta a las 20.00 horas por decisión del propio artista con el objetivo de facilitar la asistencia del mayor número posible de seguidores en Santiago de Compostela. El exlíder de Novedades Carminha inaugurará el programa presentando Universo Paralelo, su tercer trabajo en solitario, marcado por el regreso a las guitarras y al rock. Un día después, el viernes 3 de julio, será el turno de Marrit, ganador del primer premio de Música del Xuventude Crea 2025, que mostrará un repertorio donde confluyen el pop, el rock clásico y la experimentación sonora. La música urbana tendrá también un protagonismo destacado con la actuación de 9Louro, uno de los nombres más destacados del panorama gallego actual, que llegará el 9 de julio con su segundo álbum, Amorrer, una propuesta que mezcla trap, electrónica y ritmos urbanos con identidad gallega. El relevo lo tomarán los sonidos de raíz. Maricarme (16 de julio) y Unto Vello (17 de julio) protagonizarán dos jornadas dedicadas a la renovación de la música tradicional gallega desde una perspectiva contemporánea. El ciclo continuará el 23 de julio con la contundencia del stoner rock de Bala, mientras que el final del mes estará protagonizado por la propuesta de autora de Sheila Patricia (30 de julio) y el punk rock en gallego de Lisdexia (31 de julio). Agosto con eclipse, electrónica y rap La programación de agosto arrancará el 6 de agosto con el grupo compostelano Dogo, que presentará su propuesta de noise rock y post-punk. Uno de los momentos más singulares de esta edición llegará el miércoles 12 de agosto, cuando el ciclo se adelantará excepcionalmente para acompañar con la electrónica de Galician Army el eclipse total de sol, un fenómeno astronómico que podrá contemplarse desde la Cidade da Cultura si las condiciones meteorológicas lo permiten. Al día siguiente se celebrará la segunda edición del Atardecer Fest, una jornada dedicada a la música urbana que reunirá a tres destacados artistas del rap, cuyo cartel se anunciará próximamente. La clausura correrá a cargo de Turista Sueca, el 14 de agosto, con un espectáculo que combina spoken word, pop y electrónica bajo la definición de "electro-mamarracho", como el propio grupo denomina su propuesta artística. La edición de 2026 cuenta nuevamente con la colaboración de Cervezas Alhambra, que renueva su apoyo al ciclo cultural impulsado por la Cidade da Cultura para convertir las tardes de verano en un espacio de encuentro entre la música en directo y el público.